Šklovskij, Victor Barisovič

Šklovskij, Victor Barisovič

Poeta, teórico e crítico literario ruso. Foi o principal representante da escola formalista rusa, próxima ás correntes de vangarda. Publicou numerosos estudos sobre teoría literaria, como Voskresěenije slova (A resurrección da palabra, 1914) e Tristan Šendi Sterna i teorija romana (Tristan Šendi Sterna e a teoría da novela, 1921). Durante a década de 1930 adoptou os elementos da crítica oficial con obxecto de continuar a investigación formalista. Destacan Pamjatnik naučnoj osibke (Monumento a un erro científico, 1930), Tetiva. O neskhodstve skhodnogo (A corda do arco. A desemellanza do semellante, 1970) e Lev Tolstoj (1963).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Peterburgo

  • Deceso

    Lugar : Moscova