"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ría do litoral cantábrico, na desembocadura do río Sor, delimitada na súa beira occidental polo cabo de Bares e na oriental pola punta Cameiro e a illa Coelleira. A ría, aberta sobre un contexto tectónico moi fracturado e litoloxicamente diverso (granitos, granodioritas, ollo de sapo, seixo, cuarcitas, filitas, etc), delimita as comarcas de Ortegal (ó O) e da Mariña Occidental (ó L), e os seus respectivos concellos de Mañón e do Vicedo. As marismas do fondo da ría (o esteiro do Sor) esténdense dende o Porto do Barqueiro, na parroquia de Mogor (concello de Mañón), ata a Ermida da Nosa Señora da Pastoriza, na parroquia das Ribeiras do Sor (Mañón). Cun litoral recortado, destacan as praias de Area Longa, do Fomento, do Vicedo e de Xiloi, no concello do Vicedo, e a de Bares, no de Mañón. Nas marismas está a principal illa (á parte da Coelleira), a Ínsua de San Martiño, no territorio do Vicedo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente de madeira onde se lles pon a comida aos porcos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘barco’.
-
GALICIA
Escritor e profesor residente en Barcelona. Estudiou Náutica e Maxisterio; dedícase á docencia na localidade de Igualada. É colaborador da Red de Prensa Catalana e de diversas revistas nacionais. Publicou Río de asfalto (1966) e Generación 66, novela de temática social.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Recipiente de madeira de pequenas dimensións, destinado a usos diversos.
-
Caixa con divisións para os nobelos de fío, que se usa nos teares.
-
-
-
Persoa que se dedica á venda ambulante de barquillos.
-
Xogo infantil no que uns apandan e outros saltan enriba facendo coa man un xesto que teñen que adiviñar os primeiros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Folla usualmente envolta en forma de canudo (cónica ou cilíndrica) que se elabora cunha pasta de fariña sen lévedo, azucre, ovos e aromatizada con canela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fol grande empregado polos ferreiros para dar aire e avivar o lume nas forxas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda de Vigo. Pertence tamén a esta caste pero con diferente grafía o apelido Barquil. As súas armas levan, en campo de goles, un barquín.
-
PRAIAS
Praia da enseada da Bogalleira, na parroquia de Barro, no concello de Noia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Nome das dúas puntas do fondo da enseada da Bogalleira (na desembocadura do río Tambre), situadas unha fronte á outra, nas parroquias de Outeiro (concello de Outes) e Barro (concello de Noia).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Lara, Venezuela, á beira do río Turbio (692.599 h [1992]). É o centro dunha rexión agrícola, núcleo industrial e centro comercial. Posúe minas de cobre. A cidade foi fundada no 1552 por Juan de Villegas co nome de Nueva Segovia de Barquisimeto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Necrópole calcolítica (2330-2300 a C) da cultura dos Millares que se relaciona co poboado de El Tarajal situado en Almería. As tumbas escavadas son de tipo tholos: os túmulos estaban construídos por aneis concéntricos de pedra, o corredor que conducía á camára funeraria estaba compartimentado con pedras perforadas e a cámara acaroada podía ter arrimadas outras anexas.
-
CAPITAIS
Capital do departamento do Atlántico, Colombia, preto da desembocadura do río Magdalena, que é navegable dende o seu porto (1.157.826 h [1997]). Situada nunha rexión agrícola, é ao mesmo tempo un centro industrial, pesqueiro e comercial, que canaliza a maior parte do comercio exterior de Colombia. A cidade, fundada no 1629, adquiriu importancia a mediados do s XIX, medrando extraordinariamente a partir do 1930.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á barraca.
-
Dono ou construtor de barracas.
-
-
PERSOEIRO
Oftalmólogo, fillo e discípulo de Josep Antoni Barraquer i Roviralta. Foi profesor na Universitat de Barcelona (1918-1923), na Universitat Autònoma de Barcelona (1933) e no Hospital de la Santa Creu i San Pau. No ano 1947 fundou en Barcelona o Instituto Barraquer para o estudio, investigación e ensino da Oftalmoloxía. O máis relevante da súa obra foi a introdución dun instrumento (o erisífaco) e dunha nova técnica de extracción do cristalino (a facoérese).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Oftalmólogo, fillo de Ignasi Barraquer. Foi catedrático de Cirurxía Ocular na Universitat Autònoma de Barcelona, director do Instituto Barraquer de Barcelona e xefe de cirurxía da clínica do mesmo nome. Creou unha técnica de extracción do cristalino na operación de cataratas por medio da α-quimotripsina (zonulólise enzimática); esta técnica permite levar a cabo a operación sen esperar que a catarata madure e minimiza os riscos de complicacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Oftálmologo, fillo de Ignasi Barraquer. Creou en 1968 o Instituto Barraquer de Bogotá (Colombia) e foi o descubridor dunha nova técnica clínica para modificar a curvatura da córnea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Foi un dos iniciadores da escola oftalmolóxica moderna en España. Fundou un dispensario no Hospital de la Santa Creu (1879) e foi o primeiro catedrático de Oftalmoloxía da facultade de Medicina de Barcelona (1914). Entre os seus traballos cómpre mencionar os dedicados á histopatoloxía ocular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Foi un dos creadores da moderna escola de neuroloxía en España, dende o seu dispensario, fundado no 1882, do Hospital de la Santa Creu. Describiu por primeira vez a lipodistrofia cefalotorácica progresiva, que recibiu o seu nome (enfermidade de Barraquer-Simons), o reflexo de prensión plantar, a atetose asociada ás encefalopatías infantís adquiridas e a atrofia unilateral xeneralizada de orixe reflexa.
VER O DETALLE DO TERMO