"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Conxunto de técnicas que permiten, mediante a cámara fotográfica, deducir dunha proxección cónica do obxecto, as súas dimensións e a súa situación. O fundamento xeométrico da fotogrametría foi establecida por J. H. Lambert en 1759, pero foi Aimé Laussedat quen conseguiu en 1851 planos exactos partindo de fotografías. En 1856 Gaspar Felix Tournachou, Nadar, realizou as primeiras fotografías aéreas, unhas vistas de París. En 1886 Torres Quevedo realizou o primeiro levantamento fotogramétrico español do barranco de Vista Hermosa (Madrid). En 1903 Carl Pulfrich aplicou o principio de medición estereoscópica ao método fotogramétrico, procedemento perfeccionado en 1909 por Eduard von Orel. Os aparellos inventados de acordo con este novo sistema eran, sen embargo, dunha aplicación exclusiva aos alzamentos topográficos efectuados por medio de fotografías tomadas dende terra (fotogrametría terrestre). A partir da Primeira Guerra Mundial, o progreso da aviación permitiu o desenvolvemento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotogrametría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de fotogravar.

    2. Conxunto de procedementos fotográficos empregados para reproducir ilustracións, sexan de trazo negro ben marcado (pluma) ou ben de fotografías (directo). A técnica utilizada en tipografía consiste en obter un negativo do orixinal, o cal é aplicado a unha prancha metálica sensibilizada. Ambos os dous son expostos (insolación) á acción dunha luz moi forte (arco voltaico, xenon, de mercurio, etc) que a impresiona. Unha vez impresionada a prancha ponse dentro duns ácidos que atacan as partes que non estiveron resgardadas. Se a reprodución ten que ser dunha fotografía, pode interpoñerse entre a placa sensible e o obxectivo unha trama, que descompón a imaxe en pequenos puntos de luz, feito que permite a obtención dos tons medianos.

    3. Reprodución obtida por ese procedemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operario especializado en fotogravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravar pranchas mediante o sistema do fotogravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de interpretación das fotografías aéreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Descomposición da auga en OH - e H + que ten lugar durante a fotosíntese.

    2. Reacción fotoquímica que ten lugar con rotura homolítica e disociación dun enlace e que dá dous radicais libres que determinan, en función da súa evolución, os produtos finais da reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orixinal sobre película positiva empregado nos procedementos de reprodución fotolitográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reproducir mediante a fotolitografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de procedementos que se basean na copia fotográfica (insolación) dunha película positiva (fotólito) sobre a capa sensible dun soporte de metal, polímero, etc, coa finalidade de obter formas de impresión litográficas ou metalográficas.

    2. Forma de impresión obtida por este procedemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á litografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de autotrofia dos organismos que sintetizan o seu material celular por redución de materia inorgánica procedente do medio mediante electróns que obteñen da materia inorgánica deste medio e empregan a luz como fonte de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotolitotrofia ou aos fotolitótrofos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que presenta fotolitotrofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luminescencia estimulada por radiación visible, infravermella ou ultravioleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao fotomagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnetismo que se produce por radiacións luminosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabina provista dun equipo fotográfico que realiza e revela fotografías automaticamente e en poucos minutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procedementos fotográficos e electrónicos empregados para reproducir ilustracións. A técnica empregada en offset é sensiblemente igual á utilizada no fotogravado, salvo que xeralmente se traballa con positivos do orixinal. Actualmente utilízanse analizadores cromáticos (escáners) que exploran a ilustración orixinal cunha técnica de varrido. Cada punto da imaxe explorada (píxel) reflite, se é opaco, ou deixa pasar unha certa cantidade de luz proporcional á súa luminosidade, se é transparente. Esta luz actúa sobre un dispositivo CCD que emite un sinal eléctrico que é tratado por un ordenador. A continuación o sinal pasa a modular un dispositivo láser que impresiona as tres películas a partir das cales podemos expoñer á luz, respectivamente, os clixés correspondentes a cada unha das tintas de imprenta (amarela, cian e maxenta). Na práctica, sen embargo, exponse á luz unha cuarta película, á que lle corresponde a cor negra, obtendo así unha reprodución en cuadricromía,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos procedementos que permiten obter imaxes fotográficas sobre pranchas metálicas por medio da luz.

    VER O DETALLE DO TERMO