fotogravado -da
(< fotogravar)
-
p reg
de fotogravar.
-
s
m
[GRÁF]
Conxunto de procedementos fotográficos empregados para reproducir ilustracións, sexan de trazo negro ben marcado (pluma) ou ben de fotografías (directo). A técnica utilizada en tipografía consiste en obter un negativo do orixinal, o cal é aplicado a unha prancha metálica sensibilizada. Ambos os dous son expostos (insolación) á acción dunha luz moi forte (arco voltaico, xenon, de mercurio, etc) que a impresiona. Unha vez impresionada a prancha ponse dentro duns ácidos que atacan as partes que non estiveron resgardadas. Se a reprodución ten que ser dunha fotografía, pode interpoñerse entre a placa sensible e o obxectivo unha trama, que descompón a imaxe en pequenos puntos de luz, feito que permite a obtención dos tons medianos.
-
s
m
[GRÁF]
Reprodución obtida por ese procedemento.
Ex: Hai unha exposición de fotogravados na sala do peirao.