"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Comediógrafo polaco. Nunha primeira etapa (dende 1752), a meirande parte das súas obras foron adaptacións de Molière. A segunda significou o inicio da comedia polaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría da Coruña, no litoral da parroquia de Dorneda, concello de Oleiros, situada ao S da punta de Coidelos e ao N da praia de Porto Naval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote do litoral noroccidental da península da Coruña (concello da Coruña), situado fronte á Furna dos Touciños e a Torre de Hércules. Ao seu SL ten un farallón que recibe o nome do Boi Pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura do Neolítico (IV milenio a C) do grupo danubiano, localizada na lagoa Boian (Muntenia, Romanía). Caracterízase pola presenza de cerámica decorada con meandros e espirais incisas, con incrustacións de pasta branca e figuras en terracota. Recoñécense catro etapas na evolución desta cultura, a última delas xa con metalurxia do cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao barco con menos calado do normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Profesor do conservatorio de París. Está considerado o principal compositor de ópera en Francia durante o primeiro cuarto do s XIX. A súa obra mestra foi La dame blanche (A dama branca, 1825). Tamén foi autor dun concerto para arpa e orquestra, compuxo sonatas e un concerto para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico italiano. Os seus escritos iniciais foron de carácter místico-relixioso. É autor de Il peccato ed altre cose (O pecado e outra cousa, 1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado no concello de Boiro. Foi destruído polos normandos na irrupción que fixeron en Galicia no ano 970. Restituído, incorporouse ao mosteiro de Antealtares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paul Émile Lecoq de Boisbaudran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Foi un dos precursores da Academia Francesa (1634). É autor de Pyrame et Lysimène (Píramo e Lisimene, 1633) e La belle invisible (A bela invisible, 1656).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador e pintor. Estudiou Belas Artes na escola de Sant Carles de València (1961-1966). Alternou os seus estudios coa práctica do pop-art. Colaborou con Armengol e Heras (Trilogia monoteista, Falconeria). Durante os anos 1966 e 1967 derivou cara a un populismo de matiz moralizante. Entre 1974 e 1980, a súa obra redescubriu un certo barroco doméstico que incorpora obxectos ao lenzo ou simula cadros desconxuntados. Desta época salientan as obras Trama i ordit (Trama e urdidura, 1978) e Deu imatges de les Germanies (Dez imaxes das Xermanías, 1978). No campo da ilustración publicou numerosos libros infantís e xuvenís, revistas e diarios. No 1980 gañou o Premio Nacional de Artes Plásticas e no 1986 o Premio Nacional de Ilustración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e comediógrafo noruegués. As súas novelas teñen un carácter psicolóxico. Publicou, entre outras, Troers magt (O poder da fe, 1903) e Fangen som sang (O preso que cantaba, 1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de seis ou sete actores ambulantes, habitual nos séculos XVI e XVII españois, que percorría os pobos representando pezas breves, autos, entremeses ou comedias. Axudábanse de axóuxeres e vinchas para a interpretación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo norteamericano de orixe holandesa. Investigou a estrutura da Galaxia e os enxames e asociacións de estrelas. Ao estudar as nebulosas, descubriu os glóbulos de Bok. Dirixiu (1957-1966) o observatorio de Mount Stromlo, en Camberra (Australia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político da República Centroafricana. No ano 1939 ingresou no exército colonial francés. Proclamada a República Centroafricana (1960), no 1965 destituíu a David Dacko e asumiu poderes ditatoriais. En 1976 converteu a República en Imperio Centroafricano, polo que se fixo coroar Emperador en 1977 co nome de Bokassa I. No ano 1979 foi derrocado e refuxiouse na Costa de Marfil. De regreso ao seu país, foi condenado a morte en 1980; encarcerado desde 1986, en 1992 foille conmutada a pena por traballos forzados de por vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Faraón da dinastía XXIV (720-715 a C). Lexislou contra os señores feudais e liberou de débedas aos labregos do Delta. O etíope Šabaka fíxoo prisioneiro e mandouno matar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico inglés. Deseñou o IPCS (Image Photon Counting System), detector luminoso baseado na amplificación e na acumulación dos fotóns luminosos recibidos dende fontes moi febles (cámara de conta de fotóns), cos quasares afastados, que estudiou xunto con Wallance Sargent. Participou no deseño de satélites científicos e astronómicos. A partir de 1981 dirixiu o Royal Greenwich Observatory.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. Influído por Rembrandt, decantouse despois cara á arte de van der Helst. Foi un bo retratista e entre as súas obras figuran Os catro rexentes do hospicio de leprosos de Amsterdam (1668) e un retrato de Elisabeth Bas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e miniaturista holandés. Traballou en Anveres e Amsterdam. É autor de paisaxes onde aparecen os motivos habituais de Brueghel (as estacións e os kermesses).

    VER O DETALLE DO TERMO