Boian

Boian
[PREHIST]

Cultura do Neolítico (IV milenio a C) do grupo danubiano, localizada na lagoa Boian (Muntenia, Romanía). Caracterízase pola presenza de cerámica decorada con meandros e espirais incisas, con incrustacións de pasta branca e figuras en terracota. Recoñécense catro etapas na evolución desta cultura, a última delas xa con metalurxia do cobre.

Palabras veciñas

boia | boiada | Boiada | Boian | boiante | boiardo | Boiardo, Matteo Maria