boia
(< fr bouée ‘sinal’)
-
s
f
-
Corpo flotante suxeito a un cabo, unha cadea ou un cable, que se fixa polo outro extremo ao fondo do mar mediante unha áncora ou un corpo morto. A súa función é a de servir de marca ou sinal.
Ex: A boia marca o lugar no que está o mergullador. Vou fondear a chalana na boia.
Confrontacións: baliza. -
Cada un dos anacos de cortiza ou de plástico que sosteñen a rede para que esta non se afunda.
Ex: O temporal rompeu unha ducia de boias da rede.
Sinónimos: bourel. Confrontacións: baliza.
-
-
s
f
[TECNOL]
Corpo flotante empregado para indicar o nivel do líquido nun depósito ou para mantelo constante; neste último caso, a boia abre a entrada do líquido ao baixar o nivel, e a pecha ao chegar o líquido ao nivel axeitado, ben por medio dun simple dispositivo, formado xeralmente por unha barra e unha válvula, ou ben mediante un servomecanismo.
Ex: Temos que amañar a boia da cisterna.
-
boia correo
Boia que serve para depositar nela correspondencia destinada a un barco ou para ser enviada a terra.
-
boia de amarrada
Boia que indica a existencia dun corpo morto e que serve, polo tanto, para amarrar nela unha embarcación.
-
boia de salvamento
Construcións metálicas fondeadas en determinadas zonas de combate durante a Segunda Guerra Mundial, que servían de refuxio a aviadores caídos no mar ou a náufragos.
-
boia sonora
Boia cilíndrica que, lanzada ao mar dende un avión, facilita a localización dun submarino. Ao caer ao mar, despréndese un micrófono e por unha antena transmite ao avión o sinal que indica a proximidade do submarino.
Confrontacións: hidrófono, radiolocalización. -
boia telefónica
Boia que levan algúns submarinos para indicar que non poden emerxer.
-
s
f
Termo das xergas dos albaneis e dos telleiros que corresponde á voz ‘peito’.