boiardo

boiardo

(< fr boyard < ruso boiar‘señor’)

s m [HIST]

Título dos grandes terratenentes rusos que formaban a clase superior da sociedade feudal. Dende o s XIV eran a caste militar que rodeaba o gran duque de Moscú. A súa influencia política foi moi grande, ata o punto de que se coñece como a rexencia dos boiardos ao período que vai de 1533 a 1547. Iván o Terrible (1533-1584) someteunos e reduciu a súa importancia. En Romanía os boiardos perduraron ata o ano 1944.

Palabras veciñas

Boiada | Boian | boiante | boiardo | Boiardo, Matteo Maria | boicot | boicoteador -ra