boicot
(
-
s
m
[DER/SOCIOL]
Prohibición de relacións cunha determinada persoa ou entidade co propósito de coaccionar ou castigar. É un procedemento empregado por negociantes, grupos profesionais ou autoridades dun país consistente en interromper as súas relacións cos súbditos ou autoridades dun estado estranxeiro coa finalidade de presionalo ou de protestar contra el. Este termo aplicouse nun principio ao bloqueo contra Charles Boycott e outros propietarios irlandeses contrarios ás prescricións da Liga Agraria.
Ex: O boicot contra a multinacional fixo que desistise nos seus propósitos.
Confrontacións: bloqueo. -
s
m
[INFORM]
Bombardeo de mensaxes hostís en Internet ao que son sometidos algúns usuarios declarados persoas non gratas, para obrigalos a abandonar un grupo de debate da rede ou para que deixen de publicar unha páxina web considerada ofensiva.
-
boicot económico
[DER/SOCIOL]
Conxunto de medidas de presión económica previstas no artigo 41 da Carta das Nacións Unidas e que consiste na interrupción total ou parcial das relacións económicas e das comunicacións ferroviarias, marítimas, aéreas, postais, telegráficas, radioeléctricas e outras, cun determinado país. É unha forma institucionalizada de bloqueo.
Ex: Serbia sufriu un boicot económico por mor da guerra en Kosovo.
Confrontacións: bloqueo.