boido

boido
  1. s m [ANIMAL]

    Réptil da familia dos boidos.

  2. s m pl [ANIMAL]

    Familia de réptiles ofidios que comprenden serpes que presentan caracteres primitivos, de grandes dimensións (as máis grandes das existentes), corpulentas e fortes, que se caracterizan por posuír vestixios de cintura pélvica, visibles exteriormente en forma de pequenos esporóns a ambos os dous lados da cloaca. Teñen costumes arborícolas, acuáticas ou escavadoras. Este grupo comprende as boas e as pitóns, que viven nas rexións tropicais e subtropicais.

Palabras veciñas

boicot | boicoteador -ra | boicotear | boido | boieira | Boieiro | boieiro -ra