"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce luz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de métodos que permiten obter, a partir das fotografías aéreas, datos sobre a xeoloxía dunha rexión (estereofotogrametría, fotogrametría). As fotografías aéreas mostran, en ocasións, detalles xeolóxicos difíciles de detectar sobre o terreo e son empregadas para facer cartografías xeolóxicas de zonas pouco accesibles. Para a interpretación dos fenómenos xeolóxicos a grande escala utilízanse fotografías realizadas dende satélites.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento, realizado en 1851 por J. B. L. Foucault, que consiste en deixar oscilar un péndulo, libremente, durante un longo período de tempo; isto permite observar un cambio do plano de oscilación do péndulo respecto á Terra, que constitúe unha proba do movemento de rotación desta. Coñécese tamén como péndulo de Foucault.
-
PERSOEIRO
Anarquista. Directivo da Asociación Continental Americana de Trabajadores (ACAT), foi expulsado de diversos países americanos, aos que emigrara, polas súas actividades sindicais. Recalou na Coruña a finais de 1933, coincidindo coa folga da construción para a que acadou numerosos apoios en América. Reorganizador da FAI coruñesa e fundador do seu voceiro Brazo y Cerebro, exerceu unha considerable influencia sobre as Juventudes Libertarias herculinas. Agochado tralo golpe militar de 1936, foi descuberto e asasinado polos franquistas cando tentaba a reorganización dos grupos anarquistas na clandestinidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e humanista. Expuxo a primeira teoría racional sobre a infección e deu nome e describiu a sífilis venérea no poema Syphilis sive de morbo gallico (1530). Tamén é autor de De contagione et contagiosis morbis (1540) e De sympathia et antipathia rerum (1545).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de fraccionar.
-
Instalación industrial empregada en destilación para separar unha mestura en produtos de características diferentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cúmulo esgazado de contornos variables e aspecto esbrancuxado e opaco. Pode chegar a acadar unha gran potencia vertical e ás veces presenta cimas arredondadas ou en forma de cúpulas. Os fractocúmulos de mal tempo aparecen por debaixo dos altoestratos, nimbostratos, cumulonimbos ou cúmulos moi desenvolvidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrato esgazado que cambia de forma moi rapidamente. Ten moi pouca potencia vertical e adoita ser moi transparente e pouco compacto. Acompaña normalmente os nimbostratos cando comeza a chuvia ao pasar a fronte cálida dunha borrasca.
-
GALICIA
Narrador e poeta. Publicou poemas en revistas especializadas como Dorna, A Xanela, Casa da Gramática, Augas verso, Feros Corvos e Lúa Nova, e é autor dos títulos Do amor salgado (Premio O Grelo 1997), Mar de ausencias (Premio de Poesía Francisco Añón 1998, publicado en 2000) e Ese estraño silencio (Premio Avelina Valladares 1997, publicado en 2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo e historiador das ciencias. Catedrático de Bioloxía e Xeoloxía de Ensino Secundario. Pioneiro do movemento ecoloxista en Galicia na década de 1970. Dende principios da década de 1980 céntrase no estudo da Historia das Ciencias, e coordina o Grupo de Traballo Interdisciplinar Ramón María Aller de Historia das Ciencias e das Técnicas dende 1987. En 1994 pasa a dirixir, e posteriormente codirixir, a publicación Ingenium, do Seminario de Estudos Galegos, e en 1995 entra no consello de redacción da revista Llull, publicada pola Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas. Publicou numerosos artigos sobre ensino e historia das ciencias e coordinou o Dicionario Histórico das ciencias e das técnicas de Galicia (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Anaco de algo que rompeu ou se dividiu.
-
Parte que se conserva dun escrito do que se perderon as outras partes.
-
Parte dunha composición musical ou dunha obra literaria.
-
Parte de cada un dos títulos do Dixesto que servía, na práctica xurídica, nas glosas e nos tratados de dereito, para citar os textos. Utilízase xeralmente a sigla ff.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte medial do fuso acromático da célula vexetal sobre a que se forma a placa celular.
-
PERSOEIRO
Humorista coñecido polo pseudónimo de Forges. Estudiou telecomunicacións e ciencias sociais. Publicou o seu primeiro debuxo en 1964, cando traballaba como mesturador de imaxes en TVE. Os seus debuxos reflicten con ironía a España que viviu a transición e a consolidación da democracia. Colaborou en diversos medios como La Codorniz, Pueblo, Ya, Hermano Lobo, Por favor, Arriba, Informaciones, Interviú, Lecturas, El Jueves e Jano. Iniciou a súa viñeta diaria en El País en 1995. Como realizador dirixiu os filmes País SA (1975) e El bengador gusticiero y su pastelera madre (1976), e as series televisivas Vivir es lo que importa e 24 horas aquí. Como debuxante publicou El libro de Forges (1972), Historia de aquí (1980), En un país de Romerales (1986), No me fume (1996) e Doce de Babilonia (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo. En 1918 evitou marchar coa súa familia a Brasil ao ingresar nunha escola establecida en Famelga na parroquia de Aguasantas. O seu mestre convenceu aos pais para que continuase cos seus estudios e en 1919 aprobou por libre o ingreso no Instituto Xeral e Técnico de Pontevedra, onde realizou o bacharelato e onde tivo como mestres, entre outros, a Ramón Sobrino Buhigas, Antón Losada Diéguez e Castelao. En 1923 fundou xunto con outros compañeiros de estudios, entre os que se atopaba Sebastián González García-Paz, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa do galego e a elaboración dun dicionario. Ese mesmo ano interveu por primeira vez nun mitín no que defendeu a Manuel Portela Valladares. En 1924 trasladouse a Santiago de Compostela para estudar Filosofía e Letras. Axiña comezou a colaborar no Seminario de Estudos Galegos e, a proposta de Ramón Martínez López, ingresou nas Irmandades da Fala. En 1926 escribiu o seu primeiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, mariño mercante e deseñador gráfico. Dende 1982 alterna a pintura co deseño de produtos e de imaxe corporativa de empresas galegas. Realizou exposicións en Ferrol, A Coruña, Narón, Pontedeume, Pontevedra e Barcelona. A súa obra atópase en coleccións de Galicia, Bilbao, Madrid, Setúbal e Singapur.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre e sindicalista. Estudiou na Escola Normal de Santiago de Compostela e exerceu o seu maxisterio nas escolas de Val Miñor, Vilaza, Ponte Caldelas e Vigo (Coia), entre outras. Membro do PCE, foi secretario fundador de FETE-UGT. Fundou o xornal El Heraldo de Puente Caldelas e colaborou en xornais e revistas como Escuela Vivida, órgano de expresión da Casa do Mestre de Pontevedra, na que dirixía a sección dedicada á actividade societaria, ATEO de Ourense e El pueblo gallego. Coa Guerra Civil tivo que fuxir ao monte, pero foi encarcerado e fusilado no Castro (Vigo). Publicou Manual del turista. Guía de Vigo (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza ordinaria que ocupa a mesma superficie do primeiro cuarto dun escudo.
-
PERSOEIRO
Historiador e crítico da arte portugués. Nos seus escritos defendeu o surrealismo. Dende 1970 dirixiu a revista Colóquio/ Artes da Fundação Calouste Gulbenkian. Das súas obras destaca A arte em Portugal no século XX (1974), pola que recibiu o Prémio José de Figueiredo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
François-Anatole Thibault.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Franciabigio, colaborou con Andrea del Sarto nos frescos do claustro dos Scalzi de Florencia. Entre as súas obras destacan os frescos de Santa Maria Novella e da Annunziata (1513) e a Madonna del pozzo.
VER O DETALLE DO TERMO