Fournarakis, Antonio

Fournarakis, Antonio

Anarquista. Directivo da Asociación Continental Americana de Trabajadores (ACAT), foi expulsado de diversos países americanos, aos que emigrara, polas súas actividades sindicais. Recalou na Coruña a finais de 1933, coincidindo coa folga da construción para a que acadou numerosos apoios en América. Reorganizador da FAI coruñesa e fundador do seu voceiro Brazo y Cerebro, exerceu unha considerable influencia sobre as Juventudes Libertarias herculinas. Agochado tralo golpe militar de 1936, foi descuberto e asasinado polos franquistas cando tentaba a reorganización dos grupos anarquistas na clandestinidade.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Grecia

  • Deceso

    Lugar : A Coruña