"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual en castelán aparecida en xaneiro de 1953 na vila de Carballiño. Editado pola imprenta Hodire, encargábase da súa administración e redacción a Secretaría Municipal do Carballiño. Contaba coas seccións “Vida Corporativa”, “Noticiario Municipal”, “Hace 50 años” e “Hace 100 años”. Trátase do primeiro boletín municipal da posguerra na provincia. Tiña unha tiraxe de 600 exemplares e nel incluíase información municipal e estatísticas en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de danza da Academia Oficial de Ballet e de Ópera. Foi fundada en Moscova no 1776 e entre os anos 1820 e 1830 desenvolveu un papel determinante na creación do ballet nacional ruso. Despois da revolución de 1917 conservou o seu carácter oficial e ampliou a súa proxección internacional. Debido á disolución da Unión Soviética e á fuxida dos seus mellores artistas cara a Occidente, atravesa unha crise importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora chilena. Escribiu as novelas La última niebla (1935) e La amortajada (1938) e, entre outros contos, Las islas nuevas (1939) e La maja y el ruiseñor (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. É autor do poema pastoral Fillo di Sciro (O fillo de Sciro, 1607).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Ecuador. Líder de Esquerda Democrática, partido de tendencia socialdemócrata que fundou en 1977, foi Presidente da República entre 1988 e 1992. En 1997 publicou Enciclopedia de la política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club Baloncesto Bosco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club Baloncesto Breogán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Miño pola dereita. Nace no lugar de Agrosantiño, na parroquia de Vales, concello de San Cristovo de Cea, no límite coa parroquia de Aguada, concello de Carballedo. O seu curso adopta unha dirección O-SL coa que drena esta última parroquia e segue polas de Búbal e Oleiros (Carballedo), nas que limita coa parroquia do Souto, no concello da Peroxa. Desemboca no lugar dos Peares, na parroquia homónima, no límite entre os concellos da Peroxa e Carballedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación do Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo da arte rupestre sahariana. A cronoloxía xeral do bubalense é imprecisa, dende o 5000 a C (coincidindo co Neolítico) ata momentos anteriores pre-pastorís (Mesolítico). Este estilo caracterízase polos gravados moi realistas, ás veces de gran tamaño, de animais salvaxes e domésticos. Tamén se denomina Gran Estilo Naturalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antílope duns 120 cm de altura na cruz, co rostro moi estreito e alongado, os cornos curtos e anelados e o pelame de cor rubia. É propio das sabanas e das estepas africanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bóvidos da subfamilia dos bovinos ao que pertencen os búfalos e o anoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei meteorolóxica empírica formulada por Buys Ballot en 1857. Establece que no hemisferio norte os ventos seguen aproximadamente a dirección das liñas isóbaras, deixando á dereita as presións altas, e que estas presentan sempre unha pequena compoñente en dirección ás presións baixas. É unha consecuencia da aceleración de Coriolis; no hemisferio sur obsérvase o fenómeno inverso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non carece de nada, que está ou é como debe ser ou que se axusta en peso ou medida.

    2. Referido a persoas, aplícase a quen obra con xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Consello privado de Carlos II de Inglaterra formado entre 1669 e 1674, que se corresponde coas iniciais dos seus membros principais (Clifford, Ashley, Buckingham, Arlington e Lauderdale).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de teorías metafísicas, místicas e esexéticas, de carácter esotérico, desenvolvidas no xudaísmo. A cábala especulativa ou cábala propiamente dita (a chamada práctica -ma’sīt- dexenerou en maxia e ocultismo), dispón duns procedementos esexéticos propios (guematria, notarikōn e temura) para as súas interpretacións do mundo, da súa orixe e dos seus misterios. Da divindade proceden por emanación dez atributos, chamados šefirot. A ánima, emanación dunha šefirá, existe antes do nacemento, ten diversos graos e consta dun elemento masculino e doutro feminino. Polo xeral, sostense que a cábala tivo a súa orixe na catividade de Babilonia, e acadou o seu máximo desenvolvemento (ss XII e XIII) como reacción contra a filosofía racionalista de Maimónides: o Séfer ha-Bahir (1180?), escrito en Provenza, constitúe o primeiro ensaio sistemático sobre a cábala. A esta época pertence a redacción definitiva da...

    2. Ciencia esotérica que procura comunicarse co mundo sobrenatural.

    3. Negociación secreta e astuta que ten como finalidade conseguir algunha cousa.

    4. Cálculos ou suposicións, carentes de explicación lóxica e baseados en simples indicios ou aparencias, para adiviñar ou explicar algunha cousa. OBS: Úsase xeralmente en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Da natureza do cabalo.

    2. Gando integrado por cabalos, eguas e poldros, explotado especialmente como animais de tiro, para realizar os traballos do campo, e como animal de sela. Pódese criar en réxime de estabulación e de pasto, cunha alimentación a base de herba fresca, cereais e palla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ría de Ladrido, no extremo occidental da barra que a pecha polo O. Atópase no litoral da parroquia de Luia, no concello de Ortigueira.

    VER O DETALLE DO TERMO