Buys Ballot, lei de
Buys Ballot, lei de
[METEOR]
Lei meteorolóxica empírica formulada por Buys Ballot en 1857. Establece que no hemisferio norte os ventos seguen aproximadamente a dirección das liñas isóbaras, deixando á dereita as presións altas, e que estas presentan sempre unha pequena compoñente en dirección ás presións baixas. É unha consecuencia da aceleración de Coriolis; no hemisferio sur obsérvase o fenómeno inverso.