"Bol" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 626.

  • GALICIA

    Dramaturgo, director e actor. Promotor do teatro independente galego, en 1974 cofundou Teatro Antroido, co que representou moitas das súas propias obras, como Antroido na rúa I e II (1978). Membro do Grupo Abrente, foi un dos máis destacados renovadores do teatro galego contemporáneo. Nos seus textos predomina o simbolismo, a combinación de elementos da tradición popular galega e a modernidade, e a crítica en ton de burla da realidade, que moitas veces se amosa amarga e mísera co ser humano. Comprometido co país e coa lingua, os seus textos amosan trazos comúns á escrita de Otero Pedrayo e Valle-Inclán. Da súa obra dramática destacan Laudamuco señor de ningures (1977, Premio Abrente 1976), Ladaíñas pola morte do meco (1977), Memorias de mortes e de ausentes (mención honorífica no Premio Abrente 1978), Ruada das papas e do unto (Premio O Facho 1979), Saxo tenor (Premio Álvaro Cunqueiro 1991), Bailadela da morte ditosa (1992,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deporte de pelota practicado entre dous equipos de seis xogadores que consiste en facer pasar a pelota ao campo contrario por riba dunha rede situada no medio da pista a 2,43 m de altura, no caso do voleibol masculino, e a 2,24 m no feminino. Xógase nunha pista rectangular de 18 m por 9 m. A pelota pode golpearse con calquera parte do corpo de cintura para arriba. Se a pelota toca o chan significa un punto en contra do equipo que debía devolvela. Un xogador non pode tocar a pelota dúas veces seguidas nin un equipo pode tocala máis de tres veces sen pasala ao campo contrario. O primeiro equipo en facer 15 puntos adxudícase o set, se ten dous puntos de vantaxe sobre o equipo contrario. O partido remata cando un equipo gaña tres sets. Figurou por primeira vez no programa olímpico en 1963.

    2. ariante de voleibol que se practica na praia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e humorista. De nome Tomás Ares Pena, debutou en Madrid con comedias de Adolfo Torrado. Desde a década de 1940 participou nos filmes Polizón a bordo (1941), Un marido de ida y vuelta (1957), La gran familia (1962), Volvoreta (1976) ou Mi hija Hildegart (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (17.293 km2; 188.000 h [estim 1982]). A capital é Qalāt (6.300 h [estim 1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO