voleibol

voleibol

(< ingl volleybal)

  1. s m [DEP]

    Deporte de pelota practicado entre dous equipos de seis xogadores que consiste en facer pasar a pelota ao campo contrario por riba dunha rede situada no medio da pista a 2,43 m de altura, no caso do voleibol masculino, e a 2,24 m no feminino. Xógase nunha pista rectangular de 18 m por 9 m. A pelota pode golpearse con calquera parte do corpo de cintura para arriba. Se a pelota toca o chan significa un punto en contra do equipo que debía devolvela. Un xogador non pode tocar a pelota dúas veces seguidas nin un equipo pode tocala máis de tres veces sen pasala ao campo contrario. O primeiro equipo en facer 15 puntos adxudícase o set, se ten dous puntos de vantaxe sobre o equipo contrario. O partido remata cando un equipo gaña tres sets. Figurou por primeira vez no programa olímpico en 1963.

    Sinónimos: balonvolea.
  2. voleibol praia [DEP]

    ariante de voleibol que se practica na praia.

Palabras veciñas

volcán | volcánico -ca | volea | voleibol | volemia | volframato | volfrámico -ca