"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mikhail Tarijelovič Tajnov.
-
-
Relativo ou pertencente aos lorísidos.
-
Simio da familia dos lorísidos.
-
Familia de mamíferos, da orde dos primates, que acadan entre 15 e 40 cm, coa pelaxe espesa e laúda e os ollos moi grosos e dirixidos cara a diante. Son arborícolas e de costumes nocturnos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos lorisiformes.
-
Primate da infraorde dos lorisiformes.
-
Infraorde de primates prosimios, que comprende unha soa familia, a dos lorísidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Correa ou pau verde retorto de carballo, que vai no centro do xugo e que o suxeita á cabezalla do carro ou ao temoeiro do arado por medio da chavella.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Berrande e Moialde (Vilardevós). O seu cumio acada os 724 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cerqueda (Malpica de Bergantiños). Ten pranta rectangular e acceso principal por unha escalinata. A capela está adxunta e conserva o escudo de armas.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia, regado polo río Segura (5.644 h [2001]). A agricultura é unha das principais actividades económicas. Destacan as froiteiras, as hortalizas, o algodón, as amendoeiras, os cereais e as oliveiras. Ten industria conserveira e de fabricación de tea metálica. Son características as noras, das que destaca a do Rapao (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Claude Gellée.
-
VER O DETALLE DO TERMO
László Loewenstein.
-
PERSOEIRO
Escritor e crego francés. Escribiu a primeira parte do Roman de la rose, en que está patente a influencia do amor cortés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Das súas obras dramáticas destacan Zar und Zimmermann (1837), Der Wildschütz (1842) e Der Waffenschmid (1846).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Mantívose sempre dentro dun estilo de gamas frías, moi oposto ao seu competidor Tiziano. Da súa produción, bastante desigual, destacan San Gerolamo (1506), Nozze mistiche di santa Caterina (1506), Pala di Santa Lucía (1532) e o retrato Andrea Odoni (1527).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo. Foi inspector de primeiro ensino na zona de Xinzo de Limia. Vinculado á Institución Libre de Enseñanza, foi un dos introdutores da renovación da educación en España entre 1914 e 1936 e un dos defensores das ideas da escola nova. Presidiu a Liga Española de Educación e foi, ademais, secretario técnico do Ministerio de Instrución Pública e secretario de publicacións do Museo Pedagógico de Madrid. Fundou a Revista de pedagogía (1922), que ademais dirixiu durante catorce anos. A partir de 1938 foi profesor da Universidad de Tucumán. Escribiu La enseñanza primaria en España (1915), Ensayos de pedagogía e instrución pública (1920), La escuela única (1932), Reforma de la educación (1945), La pedagogía contemporánea (1947), La escuela nueva pública (1948), Pedagogía (1950), Pedagogía social y política (1954) e La Institución Libre de Enseñanza y la educación en España (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra e violinista francés. Foi director da Sinfónica da Radio de Berlín, da Sinfónica de Cleveland, da Nacional de Francia e da Sinfónica da Radio de Baviera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Comezou lendo teatro en Radio Nacional de España e, posteriormente, traballou coas compañías Teatro do Atlántico en Non se chora (1993), Tolos de amor (1995) e Casa de bonecas (1995); co Centro Dramático Galego en A fiestra valdeira (1994); e con Espello Cóncavo en Vapores (1996), Bailando en Verán (1996) e As troianas (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos fenómenos caloríficos que se producen ao imantar unha substancia ferromagnética.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor. Traballou na construción da catedral de Siena, e desde 1310 dirixiu as obras da catedral de Orvieto, que deixou sen rematar.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de maior tamaño do arquipélago das Illes Balears, que ocupa a posición central dentro do arquipélago (3.624 km2; 841.669 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
A costa é moi regular, aberta ás baías de Pollença e Alcúdia ao NL, e á de Palma ao SO. O relevo está constituído por dúas aliñacións montañosas, a serra da Tramuntana e as serras de Llevant, orientadas de SO a NL. Entre elas esténdese unha chaira central. O clima é mediterráneo. Na distribución da poboación destaca o continuo crecemento da cidade de Palma de Mallorca, que en 1900 representaba o 25% da poboación total e en 1981 chegaba ata o 54,32%. En 1986 comezou un leve retroceso en beneficio dos municipios da periferia urbana. En 1991, a poboación ocupada era do 35,4%. O sector primario representa o 4,7% da poboación activa e os servicios ocupan o 66,2% da poboación activa. A industria (14,5%) e a construción (14,6%) son actividades complementarias. A agricultura e o comercio foron as actividades básicas... -
REINOS
Territorio que comprendía Mallorca, Eivissa, os condados do Rosellón e Sardeña, o señorío de Montpellier e outros territorios occitanos, e posteriormente Menorca. Foi creado á morte de Xaime I de Aragón en 1276. Co Decreto de Nueva Planta do 28 de novembro de 1715, converteuse nun simple título nobiliario.
VER O DETALLE DO TERMO