Luzuriaga Medina, Lorenzo

Luzuriaga Medina, Lorenzo

Pedagogo. Foi inspector de primeiro ensino na zona de Xinzo de Limia. Vinculado á Institución Libre de Enseñanza, foi un dos introdutores da renovación da educación en España entre 1914 e 1936 e un dos defensores das ideas da escola nova. Presidiu a Liga Española de Educación e foi, ademais, secretario técnico do Ministerio de Instrución Pública e secretario de publicacións do Museo Pedagógico de Madrid. Fundou a Revista de pedagogía (1922), que ademais dirixiu durante catorce anos. A partir de 1938 foi profesor da Universidad de Tucumán. Escribiu La enseñanza primaria en España (1915), Ensayos de pedagogía e instrución pública (1920), La escuela única (1932), Reforma de la educación (1945), La pedagogía contemporánea (1947), La escuela nueva pública (1948), Pedagogía (1950), Pedagogía social y política (1954) e La Institución Libre de Enseñanza y la educación en España (1957).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Valdepeñas, Ciudad Real

  • Deceso

    Lugar : Bos Aires