"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • GALICIA

    Xornalista, coñecido polo pseudónimo de Borobó. Estudiou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. En 1936 adheriuse á UGT e loitou na Guerra Civil, na que foi comisario de Transporte no III Corpo do exército republicano. Durante a contenda colaborou no periódico de campaña republicano Estímulo. En 1939 afiliouse ao PSOE. Trala finalización da guerra, estivo prisioneiro en diversos campos de concentración. A partir de 1940 colaborou nos periódicos El Español e La Estafeta Literaria, a revista Fantasía e o diario Madrid. Foi director do diario La Noche de Santiago de Compostela. Neste xornal publicou os seus “Anacos”, crónicas variadas da vida real e de noticias de actualidade, ademais de coordinar as páxinas literarias e universitarias dende as que se deron a coñecer os integrantes da xeración de La Noche. En abril de 1960 pasou a dirixir El Correo Gallego. Posteriormente trasladouse a Madrid para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Miguel de Lira, estivo vinculado á compañía Chévere e á Sala Nasa, onde realiza labores de dirección e produción; entre eles, destacan Río Bravo, Máquina Total ou A rutina é o deber de todas as criaturas. Co Centro Dramático Galego participou en espectáculos como O mozo que chegou de lonxe (1988) e Salomé (1989). Tamén actuou na serie Mareas vivas da TVG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. En 1810 foi elixido deputado pola provincia de Lugo. En 1811 distribuíuse en Cádiz o seu folleto Manifesto que nace a la nación española en general y al Reino de Galicia en particular yo diputado en cortes por la provincia de Lugo, Don Domingo García Quinta, Coruña 1811, escrito polo que a Rexencia ordenou a súa detención. Renunciou ao seu escano en decembro de 1811.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santiago de Compostela 8.10.1909 - Santiago de Compostela 05.08.2003) Escritor, político e médico. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o premio extraordinario de licenciatura, e acadou o grao de doutor na Universidad de Madrid. Ademais, ampliou a súa formación en Suíza, Francia e Berlín co profesor Von Bergmann, creador da patoloxía funcional. Durante a súa permanencia na universidade compostelá foi presidente da FUE e estableceu amizade con Rafael Dieste, Manuel Antonio, Carlos Maside, Rof Carballo, Luís Seoane, Ánxel Fole e Álvaro Cunqueiro, entre outros moitos. Posteriormente, relacionouse con Castelao e Vicente Risco. Co estalido da Guerra Civil española non puido desenvolver a docencia universitaria e exerceu a súa profesión como médico, na que destacou como un experto en temas de nutrición e a súa relación co metabolismo. A chegada de Ramón Otero Pedrayo á Universidade de Santiago de Compostela, xunto á aparición da Editorial Galaxia en 1950,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gasteromicetos.

    2. Fungo do grupo dos gasteromicetos.

    3. Grupo de basidiomicetos con corpos esporíferos máis ou menos indehiscentes, que constan de peridio e de gleba. Crecen saprófitos en solos ricos en materia orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escisión total ou parcial do estómago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anastomose cirúrxica que se fai entre o estómago e unha porción do intestino, especialmente do xexuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de elaborar os alimentos e de apreciar a boa cociña e os bos viños e licores. A gastronomía tradicional galega conta cun gran número de preparacións culinarias. Entre elas destacan todos os pratos derivados do porco, como o cocido, a cacheira, os chourizos, o lacón con grelos, etc. Tamén é moi popular a empanada, que posúe moitas formas de elaboración. Os peixes e mariscos galegos, de sona mundial, admiten múltiples preparacións gastronómicas. Todos estes produtos, e outros máis, compleméntanse cunha gran variedade de viños, como o albariño, o ribeiro, o godello ou o amandi; e licores, como a augardente, o licor café ou o licor de guindas, que acompañan estes pratos. As sobremesas máis tradicionais da cociña galega son as filloas, as orellas ou o requeixo con mel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á gastronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en establecer unha comunicación permanente entre a cavidade do estómago e o exterior a través da parede abdominal (fístula gástrica). Emprégase para a alimentación artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión do estómago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anastomose cirúrxica entre a parede anterior ou posterior do estómago e unha asa intestinal do xexuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amputación ou disección cirúrxica da lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gnomos.

      1. Que contén ou compón máximas e aforismos.

      2. poesía gnómica

        Tipo de poesía popular de contido moral e sentencioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ourive. Especializouse no traballo do xaspe. Realizou con Domingos de Andrade a selección de xaspes e mármores que decoraron a capela do Pilar da catedral de Santiago de Compostela, onde realizou, entre outras obras, a peaña da estatua do Apóstolo Santiago que está no altar maior (1700); as pías de auga bendita e os seus respaldos das portas do Obradoiro, das Praterías e da Acibechería (1704); as portas da escaleira que levan ao camarín do Apóstolo (1704); as pías de auga bendita e os cepos da Porta Santa (1705); os cepos da capela das Reliquias (1705); e unha fonte para a praza de Praterías, iniciada en 1705.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar pola boca o contido do estómago.

    2. Expulsar violentamente o que está no interior de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castración natural producida por un parasito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información e redactor de Radio Nacional de España,   dirixiu Radiocadena Española en Ourense, Radio Nacional de España na Coruña, o centro territorial de TVE en Galicia e Radio Nacional de España en Galicia. Ademais, foi delegado territorial de RTVE en Galicia. É autor da obra Cáncer: verdad y esperanza e dun apéndice do libro El mercado de la soledad humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte superior da traquea que se une coa larinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Malta (69,9 km2; 30.381 h [estim 2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO