"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
PERSOEIRO
Mártir lendaria. É a patroa das mulleres preñadas e dos presos. A súa festividade celébrase o 30 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Baños públicos situados en Lugo. Construíronse entre os ss I e II, e se catalogaron dentro dos edificios termais menores, situados en pequenas poboacións ou campamentos militares, que carecen da magnificencia das grandes termas. Consérvanse os restos do apoditerium ou vestiario, constituído por dúas salas colindantes cun vestíbulo común, realizadas en cachotería de lousa e cubertas cunha bóveda de canón corrido. O caldarium ou sala de baños quentes conserva o acceso a través dun arco de medio punto. Tamén se conservan algúns elementos externos pero vinculados ao edificio como un pozo de agua quente, duns 2,5 metros de altura, feito en cantería de xisto e un muro de contención cara ao Miño. Foron declaradas Ben de Interese Cultural en 1931.
-
PERSOEIRO
Neurólogo e psicólogo ruso. Membro da Academia de Ciencias Pedagóxicas da antiga URSS, continuou a obra de Vigockij e estudiou as relacións entre o cerebro e as funcións superiores do home, especialmente a linguaxe. Da súa produción destacan O cerebro do home e os seus procesos psíquicos (1963), Fundamento de neuropsicoloxía (1973) e Linguaxe e consciencia (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Desenvolvemento excesivo das mamas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desenvolvemento excesivo dun membro do corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Blastómero de gran tamaño que aparece nos casos de segmentación desigual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega para medir longas distancias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de anisópteros, da orde dos odonatos, de cores metálicas e patas alongadas e delgadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fungo que presenta un aparato esporífero visible a simple vista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Molécula de grandes dimensións formada por encadeamentos atómicos covalentes monodimensionais, bidimensionais ou tridimensionais. O peso molecular pode variar de 10.000 a algúns millóns. Coñécese un gran número de substancias macromoléculas naturais, como a celulosa, as proteínas, os virus, os diamantes e os silicatos. Poucas macromoléculas naturais foron sintetizadas, por contra, si se conseguiron numerosos materiais plásticos, fibras téxtiles sintéticas e elastómeros, que se obteñen por polimerización ou policondensación de monómeros. As propiedades físico-químicas das macromoléculas dependen da súa dimensión, da súa estrutura e das funcións químicas presentes na molécula.
-
-
Relativo ou pertencente á macromolécula.
-
Aplícase á substancia química que está formada por moléculas de gran tamaño e elevada masa molecular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hemorraxia dixestiva, a miúdo en forma de hematémese, que se orixina por unha esgazadura da mucosa do esófago. Obsérvase en pacientes alcohólicos e adoita ir precedida de vómitos intensos.
-
PERSOEIRO
Matrona . Foi a primeira en impulsar os principios do monacato. Foi cativa de Alarico. A súa festividade celébrase o 31 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Episodio da conquista do poder por B. Mussolini en Italia. Co apoio tácito das forzas armadas, 40.000 camisas negras converxeron a partir do 28 de outubro de 1922 sobre Roma. O goberno de Luigi Facta presentou a dimisión e Mussolini recibiu o mandato do monarca Víctor Manuel III de Italia de formar goberno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de anemia hemolítica, de evolución crónica con perda persistente de ferro polos ouriños (hemosiderinuria). Durante o sono, a hemólise agudízase e prodúcese hemoglobinuria, que dá unha cor escura aos ouriños. A diagnose confírmase no laboratorio provocando a hemólise con soro acidificado (proba de Ham-Dacie). OBS: Tamén se denomina hemoglobinuria paroxismal nocturna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno hereditario do tecido conectivo descrito polo médico francés Bernard-Jean Antonin Marfan (1858-1942) que ocasiona alteracións oculares, osteoarticulares e cardiovasculares. Prodúcese un crecemento esaxerado dos ósos longos, cun talle e unha envergadura excesivas para a idade, e os dedos moi longos (aracnodactilia). As articulacións son moi laxas e hiperestensibles.
-
PERSOEIRO
Xornalista. Iniciou a súa carreira en Radio Coruña, onde traballou como locutor desde 1934. Foi director artístico de RNE na Coruña e, ademais de informador deportivo, exerceu tamén como debuxante, sobre todo de temas taurinos. Publicou o libro La jugada final (1980). Obtivo o Premio Nacional Ondas de Radio ao mellor labor deportivo (1957), ao mellor director (1965) e ao mellor especial (1972), a Antena de Oro de Radiofusión, a Medalla de prata ao mérito deportivo e a Medalla de prata ao mérito no traballo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Foi director da Academia General Militar (1975), gobernador militar da Coruña (1979) e director do CESID (1979). Escribiu El Sahara y la legión (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corda grosa feita de esparto, cánabo ou outros materiais.
-
PERSOEIRO
Mártir, filla dun cónsul romano. Foi condenada a martirio en tempos do Emperador Alexandre Severo por negarse a sacrificar o deus Apolo no seu templo. É patroa de Roma e a súa festividade celébrase o 30 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO