Lugo, termas romanas de

Lugo, termas romanas de

Baños públicos situados en Lugo. Construíronse entre os ss I e II, e se catalogaron dentro dos edificios termais menores, situados en pequenas poboacións ou campamentos militares, que carecen da magnificencia das grandes termas. Consérvanse os restos do apoditerium ou vestiario, constituído por dúas salas colindantes cun vestíbulo común, realizadas en cachotería de lousa e cubertas cunha bóveda de canón corrido. O caldarium ou sala de baños quentes conserva o acceso a través dun arco de medio punto. Tamén se conservan algúns elementos externos pero vinculados ao edificio como un pozo de agua quente, duns 2,5 metros de altura, feito en cantería de xisto e un muro de contención cara ao Miño. Foron declaradas Ben de Interese Cultural en 1931.

Palabras veciñas

Lugo, San Froilán de | Lugo, San Pedro de | Lugo, Santiago de | Lugo, termas romanas de | Lugón | lugones | Lugones, Leopoldo