Lugo, San Froilán de

Lugo, San Froilán de

Igrexa parroquial situada en Lugo. De estilo barroco, foi capela do antigo hospital de San Xoán de Deus. Tralo incendio do hospital en 1878, converteuse en igrexa parroquial baixo a advocación do patrón da cidade en 1893. Construíuse a finais do s XVII, e ten unha soa nave. No retablo maior destaca a imaxe de san Froilán; na fachada, a portada arquitrabada, a fornela coa imaxe de san Bertomeu e o ático coa imaxe de san Rafael. Nos extremos atópanse dúas torres xemelgas formadas polo corpo das campás e rematadas con cúpulas e bólas.