Lugones, Leopoldo

Lugones, Leopoldo

Escritor arxentino. Máximo expoñente do modernismo do seu país, o cambio na súa ideoloxía do socialismo militante a actitudes fascistas, reflíctese na súa obra. En poesía escribiu Las montañas de oro (1897), Los crepúsculos del jardín (1905), Lunario sentimental (1909), Odas seculares (1910) e a plenitude de Poemas salariegos (1927). En narrativa tratou temas como a violencia, en La guerra gaucha (1905), e literatura fantástica, en Las fuerzas extrañas (1906) e Cuentos fatales (1924).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Río Seco, Córdoba

  • Deceso

    Lugar : Bos Aires