"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • PERSOEIRO

    Escrito e crítico literario ruso. Demócrata revolucionario, dirixiu o periódico Russkoje Slovo e foi encarcerado polos seus posicionamentos políticos que fixo públicos no artigo “Sholastike XIX veka” (Escolástica do século XIX, 1861), onde formula os principios democráticos na literatura. Considerado un dos principais expoñentes da intelixencia radical e nihilista rusa, tratou o tema do socialismo en Ocerki po istorii truda (Artigos sobre a historia do traballo, 1863) e en Posmotrim! (Xa o veremos!, 1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. A súa obra, satírica, centrouse na observación das clases acomodadas da súa época. Escribiu sobre todo novelas, como Tys’ača duš (Mil almas, 1858), en que amosa de forma sombría os costumes rusos nunha época previa á abolición da servidume; e Meščane (Os pequenoburgueses, 1877), aínda que tamén destacou no xénero dramático coa súa obra Gorkaja sud’ba (Un destino amargo, 1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido como Andrej Platonov, seguiu a liña de Gogol’, Leskov e Remizov. Publicou relatos, como Epifanskije šl’uzy (Presas de Epifanía, 1927). Defensor inicial dos ideais da revolución, criticou a burocracia en Gosudarstvennyj žitel (O habitante do goberno, 1929). Desencantado e crítico co réxime, prohibíuselle publicar a raíz da novela Vprok (1931). En 1991 publicouse Schastlivaia Moskva (A feliz Moscova, 1932-1936), novela descuberta nos arquivos do KGB.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico marxista ruso. Iniciou a súa actividade no populismo en 1875. Deportado a Siberia, conseguiu fuxir e estableceuse en Xenebra ata 1917. Marxista convencido, defendeu a necesidade de organizar un poderoso partido obreiro baixo a dirección socialista como preparación para a futura revolución. En 1917 proclamou a continuación da guerra contra o invasor, o que o illou do triunfo da Revolución de Outubro, á que se opuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Foi condenado a morte por pertencer, xunto con F. Dostojevskij, ao grupo revolucionario Petraševskij (1849) e logo desterrado a Orenburg. O seu poema Vper’od! bez strakha i somnenija (Adiante!, sen poñer dúbidas!, 1846) converteuse en canto revolucionario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Director de policía (1881-1884) e ministro do Interior (1902-1904), perseguiu duramente o movemento revolucionario. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de 16 lagos situados na aba nororiental de Mala Kapela, cordilleira dos Alpes Dináricos, en Croacia. Dentro dunha conca de 7,2 km de lonxitude, están dispostos en chanzos, polo que a auga dun pasa a outro formando fervenzas ou rápidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi profesor universitario en Moscova (1859-1865) e preceptor do tsarévich Alexandre (1865-1868). Adquiriu unha grande influencia na corte desde que este se converteu no Tsar Alexandre III (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e enxeñeiro ucraíno. Converteuse en representante permanente de Ucraína no consello de ministros soviético. Accedeu ao comité central do PCUS (1960), á presidencia do Soviet Supremo (1965) e ao Politburó (1966). En 1977 foi substituído por Leonid I. Brežnev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor de novelas de exaltación patriótica, a súa obra principal Povest o nastojaščem čeloveke (Novela dun home auténtico, 1946) recibiu o Premio Stalin 1947, galardón que volveu gañar en 1949 con My sovetskije l’udi (Nós, os soviéticos, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Un dos últimos románticos do seu país, nas súas composicións trata temas infantís e describe motivos de cancións xitanas, que en moitos casos foron fonte de inspiración para grandes compositores ou mesmo na obra de B. Pasternak. A súa poesía reflicte un humor alegre combinado coas notas disonantes da desilusión, o pesimismo e a desesperación. Os seus Poemas publicáronse en 1896.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Pantón. A primeira noticia da existencia do mosteiro é dos anos 926-929 cando o Rei Sancho Ordóñez e a súa dona Goto delimitaron os termos do mosteiro. En 997 Vermudo II e a súa dona Elvira confirmaron esta doazón. A comezos do s XVI converteuse nun priorado do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Conserva a igrexa, de finais do s XII e reformada posteriormente. Construída en cantaría, ten planta basilical con tres naves e tres ábsidas semicirculares. No interior conserva restos de antigas pinturas murais. A portada principal está formada por unha cuádrupla arquivolta sostida por dous pares de columnas acobadeladas con capiteis decorados. No lado oeste da fachada érguese unha torre circular rematada nun campanario cadrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Realizou investigacións en topoloxía, teoría de grupos conmutativos e descubriu unha lei xeral de dualidade. Publicou numerosas obras sobre topoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Estudou as ondas electromagnéticas para a transmisión de sinais a distancia. Perfeccionou o aparello de Branly e ideou a antena. Construíu un aparello para rexistrar as descargas atmosféricas, denominado indicador de tempestades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor serbio. Escribiu narracións e poesía, pero o máis destacado da súa obra está nos dramas histórico-patrióticos de inspiración romántica, como Nevinost (A inocencia, 1827). Tamén cómpre salientar as súas comedias e farsas, en que estableceu a base do moderno teatro serbio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno. Ministro de Interior e Asuntos Exteriores, perseguiu os liberais, inmobilizou os militares e respectou o poder eclesiástico e o dos terratenentes. Ditador constitucional desde 1835, a guerra contra Perú e Bolivia (1836) provocou un motín militar en Quillota (Valparaíso) en 1837 e foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Estudou no Seminario Conciliar de Tui e ordenouse presbítero en 1862. En 1867 instalouse en Cuba, onde foi capelán do Hospital Real de San Juan de Dios. Ao longo da súa estancia en América rexeitou diversos curatos e foi tenente-vigairo da cidade de Veracruz (México), derradeiro cargo que ocupou. En 1883 regresou a Salcidos. No seu testamento, despois de facer diferentes legados, destinou parte dos seus bens á fundación en Salcidos dun hospital e asilo de pobres, convertido actualmente en Escola Taller. Publicou Sermón panegírico del glorioso patriarca San José, predicado en Santa Teresa de la Habana el último día de la novena (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor, xenro e discípulo de Xosé Ferreiro. Seguiu o estilo do seu mestre pero aumentou o número de dobras e moveu os panos nas imaxes, conferíndolles maior barroquismo e movemento. En 1812 traballou co seu sogro en San Pedro da Torre de Padrenda onde colaborou na realización do retablo maior de San Pedro. En Santiago de Compostela realizou a Santa Polonia de San Bieito do Campo e a Virxe do Rosario e o San Roque de Santa María de Villestro, ambas as dúas en 1816.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi médico titular do hospital de Santiago e do mosteiro de Santa María de Monfero ata ser nomeado en 1791 médico da cidade da Coruña. Promoveu as vacinacións masivas contra a variola en Galicia e tomou parte activa nas vacinacións que se produciron na bisbarra de Bergantiños tras o brote de 1804. É autor da obra perdida Instrución, discurso o reglamento sobre el método para administrar y difundir la vacunación antivariólica (1803).

    VER O DETALLE DO TERMO