Pombeiro, San Vicente de

Pombeiro, San Vicente de

Antigo mosteiro situado en Pantón. A primeira noticia da existencia do mosteiro é dos anos 926-929 cando o Rei Sancho Ordóñez e a súa dona Goto delimitaron os termos do mosteiro. En 997 Vermudo II e a súa dona Elvira confirmaron esta doazón. A comezos do s XVI converteuse nun priorado do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Conserva a igrexa, de finais do s XII e reformada posteriormente. Construída en cantaría, ten planta basilical con tres naves e tres ábsidas semicirculares. No interior conserva restos de antigas pinturas murais. A portada principal está formada por unha cuádrupla arquivolta sostida por dous pares de columnas acobadeladas con capiteis decorados. No lado oeste da fachada érguese unha torre circular rematada nun campanario cadrado.

Palabras veciñas

Pombeira, A | Pombeiro | Pombeiro | Pombeiro, San Vicente de | pombela | Pombela, A | pombiño