"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • GALICIA

    Historiador e poeta. Desempeñou os oficios de xornalista e arquiveiro. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces na Arxentina. Colaborou en distintas publicacións (El Heraldo Gallego, Gaceta de Galicia, Revista Compostelana e Diario de Santiago). Como historiador publicou, entre outras obras, Efemérides de Galicia (1877), Testimonio de la capitalidad de Galicia (1882) e Guía histórica, arqueológica y militar de la antigua capital de Galicia, Santiago (1885). En canto ao eido literario, os seus primeiros traballos apareceron en La Estrella Compostelana e La Aurora de Galicia. É autor do poema en galego “O desterro (Camiño de Portugal)” (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de cine e fotógrafo. Na primeira metade dos anos 20 desenvolveu as súas primeiras investigacións fotográficas ao redor dun novo procedemento de cine en cor, que foi finalmente patentado en 1925. Realizou ese mesmo ano en Pontevedra as primeiras demostracións públicas dun sistema que se encontraba co inconveniente da súa velocidade de proxección. É así como concibiu e realizou o documental Pontevedra, cuna de Colón (1927), onde defendía a tese da orixe pontevedresa do descubridor de América. Concibe logo un novo sistema de cor, esta vez bicromático, co que filmou unha segunda versión deste mesmo título (1930); é esta unha película lastrada polo seu exceso de rótulos explicativos, cun argumento supeditado a servir de soporte aos experimentos cromáticos do seu realizador. En 1932 constituíu co seu irmán Ramón e co pintor Ramón Peña a produtora Folk, coa que sacou adiante un noticiario cinematográfico galego que se mantivo ata 1935. Froitos desta iniciativa serán documentais como Por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director e guionista, irmán do tamén realizador e fotógrafo Enrique Barreiro. Colaborou con este nas súas primeiras experiencias coa fotografía cinematográfica en cor e co documental Pontevedra, cuna de Colón. Participou tamén na fundación da produtora Folk en 1932. A produtora estivo vencellada á intelectualidade nacionalista galega do momento. Rematada esta experiencia de Folk polas desavinzas familiares e polas dificultades para impoñer os noticiarios nas salas galegas, trasladouse a Madrid en 1935. Alí estudiou música, dirixiu unha empresa de mensaxería e dedicouse á fotografía publicitaria, colaborando por exemplo coa revista Vogue. En 1936 foi contratado pola empresa CEA para realizar os documentais Jerez, El monasterio de piedra e xa en 1936, o notable e prestixioso Velázquez. Esta especialización no xénero documental continuou ao longo da Guerra Civil coa realización da curtametraxe Madrid heroico (1936), producida polo anarcosindicalista SUICEP. A súa afiliación republicana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. De tendencia moderada, tivo o poder político do distrito de Arzúa (1846-1864), presentándose en todas as eleccións agás en 1854. En 1857 foi xerente do Banco de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. No 1635 ingresou na orde dominicana e viaxou pola Península Ibérica, Occitania e Italia. Fixou a súa residencia en Roma (1653 -1672), onde fixo gravar os debuxos de moitas das plantas recollidas nas súas viaxes. Perdidos os seus escritos nun incendio, Antoine de Jussieu publicou no 1714 a impresión dos gravados das plantas, acompañadas dalgúns comentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ao estilo barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Os seus escritos máis característicos están recollidos nun volume de poesías en castelán. Algo (1881), e nun libro en catalán e castelán, Obras en prosa y verso (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lique resultante da asociación simbiótica dun fungo da subdivisión basidiomicotina e mais dunha alga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción italiana realizada en 1982 e dirixida por Fabio Carpi. Foi interpretada por Héctor Alterio, Omero Antonutti, Pierre Malet e François Simon. A unión existente entre un cuarteto de músicos creba pola morte dun deles. Coa incorporación dun violinista novo saen a relucir rancores agochados despois de moitos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Iniciouse no mundo marxinal do grafito de Nova York, coa sinatura Samo. Proxectouse internacionalmente da man de Andy Warhol a comezos da década dos anos oitenta. A súa obra sintetiza o primitivismo totémico de raíces africanas e un expresionismo con connotacións simbólicas do mundo urbano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza do traxe tradicional feminino de gala. Consiste nunha saia aberta por detrás cun corte maior ca o semicírculo, polo que monta sobre si mesma e non deixa ver a peza que está por debaixo. Adoita ter moito voo, máis ca o mantelo, e xeralmente é de cor negra e de pano, aínda que na zona das Mariñas tradicionalmente é marrón e de cor vermella clara nas Rías Baixas. No bordo presenta unha tira de veludo negro e unhas lorzas horizontais na parte inferior. Pode ir adornada con pasamanaría polo bordo ou no centro. A súa lonxitude é menor ca a do refaixo, que asoma por debaixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua asiática da familia altaica e do grupo túrcico. Fálana arredor dun millón de persoas en Baxkiria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Polígrafo. Publicou un Dicionario histórico enciclopédico (1828-1833), un Tratado de declamación ou arte dramática (1833) e unha Historia dos templarios (1834). Foi membro da Academia de Boas Letras (1835).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e teólogo xesuíta. Centrou a súa investigación en tres temas fundamentais: os xesuítas da Ilustración, a presenza dos xesuítas en América e o Humanismo. Publicou entre outras, as seguintes obras: Historia y mito de la intervención de los jesuítas en la independencia de Hispanoamérica (1953) e Humanismo y Renacemento: estudios hispanoeuropeos (Premio Nacional de Historia, 1988). Outorgáronlle a Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya (1985), o Premio de Honor das Letras Catalanas (1990) e o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Loita va e ridícula, motivada por razóns fútiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema épico-burlesco grego anónimo, datado ao redor do s VI a C, do que se conservan 303 hexámetros. Narra, parodiando técnicas e escenas da literatura épica, unha batalla entre ratas e ras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frei franciscano, tamén coñecido como frère Jacques. Acadou unha gran popularidade practicando a curación da litiase vesical (mal de pedra). Introduciu unha técnica de extracción lateral dos cálculos chamada operación frère Jacques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alpinista. Foi a primeira muller que conseguiu escalar o Montblanc (1838). Fundou o Museo de Mineraloxía Alpina de Lausanne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista francés. Foi un dos máis prestixiosos organistas do momento; exerceu en Lyon no Hospice de la Charité, na Académie des Beaux Arts, dende 1763 e en Notre-Dame, dende 1783. Na súa produción destacan numerosas pezas para órgano e as sonatas para teclado e violín.

    VER O DETALLE DO TERMO