"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Escribiu un ciclo, en parte autobiográfico, que vai dende a Primeira Guerra Mundial ata 1945, e -influído por Kafka e Proust- Jeg (‘Eu’, 1959), unha novela experimental, e Den rode taken (‘A brétema vermella’, 1967). Tamén escribiu teatro e o libro de memorias Barndomens verden (‘O mundo da infancia’, 1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, cabeceira da comarca de Les Garrigues (5.190 h [1996]). A súa base económica é a agricultura, predominando o cultivo das oliveiras, dos cereais e das froiteiras. A gandería céntrase no armentío porcino e nas aves de curral. As actividades industriais redúcense á transformación dos seus produtos agropecuarios, destacando a refinería de aceite e algunha factoría téxtil. É sede dun centro de investigación dos cereais. A autoestrada do Ebro e a estrada de Tarragona a Lleida atravesan o termo. Dependente de Lleida durante a Idade Media e o Antigo Réxime, debeu o seu crecemento ao desenvolvemento da industria aceiteira ao remate do s XIX (o seu aceite, tradicionalmente moi apreciado, posúe Denominación de Orixe dende 1998). Durante a Guerra Civil Española, e despois da batalla do Ebro, as forzas do xeneral republicano Enrique Líster, comunista galego, resistiron na cidade fronte ao asedio do exército nacional ata o 5 de febreiro de 1939; con todo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e ensaísta. En 1906 escribiu o seu primeiro relato La visera fatal, inspirado nun episodio do Quixote e un traballo sobre a mitoloxía grega, un ano máis tarde traduciu do inglés El príncipe feliz, de Oscar Wilde. En 1914 trasladouse a Europa e, despois de visitar Londres e París, instalouse en Xenebra e posteriormente en Lugano, onde estudiou o bacharelato. Dende 1919 e ata 1921 residiu en España, primeiro en Mallorca, logo Sevilla e finalmente en Madrid. Nestes anos comezou a publicar poemas e a colaborar na prensa e revistas (Grecia, Ultra, Cervantes, etc), participou no movemento literario altruísta e escribiu en 1919 o seu primeiro artigo na revista suíza La Feuille titulado “Chronique des lettres espagnoles”, reseñando dous traballos de Azorín e de Pío Baroja, e o seu primeiro poema titulado “Al mar”. En 1921 regresou a Bos Aires onde publicou un manifesto ultraísta na revista Nosotros e creou a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico literario. É autor de poesías, dramas e novelas como Rube, sobre a crise intelectual da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal de Francia que enlaza as concas do Sena e do Saône, construído entre 1775 e 1832. Esténdese dende a confluencia do Armançon e do Yonne, afluente do Sena, seguindo o curso do Armançon e despois o do río Ouche. Pasa por Dijon e desemboca no Saône, en Saint-Jean-de-Losne. Ten unha lonxitude total de 242 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Exerceu a súa obra artística a partir de 1494, sobre todo en Toledo. Trala morte de Pedro Berruguete rematou o retablo maior da catedral de Ávila (1508). Na catedral de Toledo traballou na decoración da sala capitular (1509-1511); para a capela mozárabe pintou La conquista de Orán (1514). A súa obra representa a transición entre o Gótico e o Renacemento. Realizou encargos tamén para o cardeal Cisneros na Universidad de Alcalá de Henares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Laos (14.863 km2; 164.900 h [estim 1995]). A capital é Paksane.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral, licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, incorporouse en 1982 ao grupo de marionetas Tanxarina onde traballou como manipulador de bonecos, actor, coautor de textos, deseñador de espacios e vestiario ou director de escena, amais de participar como docente en diversos cursos de construción e manipulación de marionetas. Entre os espectáculos nos que participou cómpre subliñar Migallas e cirigaitas (1983), Rosalín no país do Sol (1984), Un, dous, catro..., 24. Mariquiña ten un gato (1985), Titiricircus (1988), Coca, a volta da besta (1989), O bebé (1991), Santiago, Santiago (1993), Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995) ou Contaloucos (1998). En 1994 participou como actor no primeiro espectáculo de Producións Teatrais do Sur, Macbett. Colabora habitualmente na organización dos Encontros dos Titiriteiros Galegos e noutras actividades de promoción do teatro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano, coñecida como Lucrecia Bori. Formouse en València e Roma. Debutou,   tamén en Roma, en 1908 coa ópera Carmen, e catro anos máis tarde no Metropolitan Opera House de Nova York con Manon Lescaut. Co tempo converteuse en primeira figura desta institución americana e dende 1936 pertenceu ao seu consello directivo. Tamén interpretou Der Rosenkavalier, co mesmo R. Strauss, en Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo sueco. Escribiu dramas históricos de influencia shakespeariana como Erik den Fjortonde (Enrique XIV, 1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía fabricante de aplicacións para ordenadores persoais fundada por Philippe Kahn e con sede en Scotts Valley, California. Os seus primeiros produtos foron Turbo Pascal, compilador moi popular lanzado en 1984 e Sidekick, conxunto de utilidades para o PC de IBM que se atopan sempre residentes e que poden ser chamadas en calquera momento, incluso en medio doutra tarefa que se está a desenvolver. Produtos posteriores inclúen compiladores para C e C++, o programa da folla de cálculo Quattro, o programa da base de datos Paradox ou a ferramenta de programación Delphi para Windows, baseada en Pascal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Especialista en ciencias agrícolas norteamericano. Estudiou na Universidade de Minnesota. Por encargo da fundación Rockefeller desenvolveu en México novos métodos de cultivo do trigo, cos que aumentou a produción mexicana nun 50% en dous anos. Posteriormente, estendeu os seus métodos por América do Sur, Paquistán e a India. Foille outorgado o Premio Nobel da Paz en 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Latinista e crítico textual holandés. Foi profesor en Rotterdam, na Haia e en Leiden. A súa obra foi publicada principalmente nas revistas Mnemosyne, Museum, Philologische Wochenschrift e Vigiliae Christianae. Estudiou especialmente a Tertuliano e Paciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín, coreógrafo e animador de espectáculos de ballet sueco. Creou, con Rolf de Maré, os famosos Ballets Suédois (1921-1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Destacado colaborador de Hitler, en 1925 adheriuse ao partido nacionalsocialista. Foi xeneral das SS e xefe do gabinete de Rudolf Hess (1933), a quen sucedeu no mando da Chancelería do partido (1941). Lugartenente de Hitler, desapareceu en estrañas circunstancias trala caída de Berlín no 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha das teorías da calor específica dun sólido cristalino, baseada na aplicación dun espectro acústico ás vibracións da rede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro que estivo situado no lugar de Vilanova, na parroquia de San Xoán de Borneiro (Cabana). Foi un mosteiro familiar fundado por Arxilo Peláez. No ano 1095, foi doado ao mosteiro de San Xián de Moraime (Muxía).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ficólogo. Foi un dos primeiros, xunto con Schwendener, en soster que os liques constitúen unha simbiose entre unha alga e un fungo. É autor de Études phycologiques (Estudios ficolóxicos, 1878) e de Révision de Nostocacées hétérocystées (Revisión de Nostosáceos heterocistas, 1886-1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Na súa xuventude realizou estudios musicais e licenciouse en Medicina (1856), sendo profesor da Academia de Medicina e Cirurxía de San Petersburgo dende 1862. Formou parte do Grupo dos Cinco xunto con Balakirev, Cui, Musorgski e Rimski-Korsakov, coa intención de crear unha escola de música nacionalista rusa. A súa obra principal é a ópera O príncipe Ígor (1869-1887), acabada por Rimski-Korsakov e Glazunov, xunto co cadro musical Polas estepas de Asia central (1880). Da súa produción camerística destaca o Quinteto con piano en do menor (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista francés. Foi famoso polo seu xogo de volea. Integrante do equipo nacional francés e gañador da Copa Davis dende 1927 ata 1932. A título individual proclamouse vencedor do torneo de Wimbledon en 1924 e en 1926.

    VER O DETALLE DO TERMO