"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de febreiro de 1883. Cesou a súa edición o 31 de novembro de 1887 (nº 118). Subtitulouse “Revista quincenal de asuntos religiosos, científicos, literarios, etc, con exclusión de toda clase de asuntos políticos”. Dirixiuna Emilio A. Villelga Rodríguez. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Felipe de la Torre. Tal e como sinala o seu subtítulo, incluíu estudios críticos sobre relixión, unha sección literaria, onde se inseriron algúns poemas, e notas bibliográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimestral editada en Santiago de Compostela a partir de xullo de 1901. Cesou a súa edición en novembro de 1903 (nº 12). Dirixiuna Antonio López Ferreiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos da Tipografía Galaica. Tentaba realizar un estudo compilatorio de fontes históricas e un labor poligráfico de estudios analíticos. Incluíu traballos de numismática, epigrafía, música, heráldica, arquitectura, escultura e pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • -Romero en Mondoñedo. Foi a substituta de El Eco de Puentedeume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario editado en Vilalba a partir de 1916. Cesou a súa edición en 1918. Subtitulouse “Revista pintoresca ilustrada” e contiña información sobre agricultura, turismo, socioloxía, arte e literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación fotográfica editada na Coruña a partir de 1984. Subtitulouse “Portavoz de la asociación de fotógrafos profesionales”. Coordinada por Xosé Abad, incluíu noticias de actualidade, un apartado fiscal, información sobre o desenvolvemento das actividades da Asociación Provincial de Fotógrafos Profesionales da Coruña e unha sección titulada “Recuperación histórica” na que aparecían clásicos do fotoxornalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial establecida na Coruña que agrupa dous selos comerciais, Galinova e Fontel Edicións. O primeiro deles está especializado en libros de texto para Educación Primaria, Infantil, ESO e ciclos de Formación Profesional. Ademais, conta con manuais para a aprendizaxe de música en colexios e conservatorios, editados en galego e castelán. Coa marca de Fontel Edicións, ademais de libros de texto, publícanse métodos de lingua galega para adultos, a sección “Biblioteca Didáctica”, na que se inclúen textos dramáticos, e diversos manuais de consulta e libros de música popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Berro moi forte e agudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e erudito. Estivo en prisión e viviu no exilio debido á súa actividade política como liberal. Das súas obras, que critican os preceptos neoclásicos e basean a literatura en fundamentos historicistas, destacan Dicionario criticoburlesco (1811), Letras de cambio a los mercachifles literarios (1834) e Ensayo de una biblioteca española de libros raros y curiosos (1863-1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, físico e xeógrafo. Foi profesor e director da Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Realizou un mapa da provincia de Madrid (1901) e outro da de Ourense (1905). Publicou, entre outras obras, Guía del ciclista en España (1897), Técnica algebraica (1908), La atmósfera terrestre (1920) e Elementos de trigonometría xeral y rectilínea (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Doutor en Arquitectura pola Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1968), foi bolseiro en Oslo, onde traballou con Erlin Vuksjo, e en 1968 en París para realizar o Cours des Techniques d’Urbanisme. Profesor de urbanismo na Escola Superior de Arquitectura da Coruña dende 1984, foi arquitecto xefe dos servicios provinciais de urbanismo da Coruña. Realizou, entre outras obras, as casas da cultura de Valdoviño e Chantada, a rehabilitación do Teatro Rosalía de Castro na Coruña, os Institutos Universitarios de Investigación do campus sur da Universidade de Santiago de Compostela e o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Colaborador de Obradoiro, Boletín Académico da ETSA da Coruña, Dársena, On diseño e, entre outras obras, en A Galicia rural na encrucillada (1975), Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978), Isaac Díaz Pardo: un proxecto socio-cultural para Galicia (1990)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e historiador literario. Catedrático de Literatura Castelá na Universidad de Granada. Escribiu estudios sobre poetas do Século de Ouro como Soto de Rojas ou Trillo Figueroa. É autor de Vida y poesía de Gerardo Diego (1955), Garcilaso de la Vega y sus comentaristas (1972), Diez ensayos sobre literatura española (1973), Fama póstuma de Garcilaso de la Vega (1978) e Sobre García Lorca (1993). Recibiu o Premio Nacional de Literatura de Ensaio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Estudiou periodismo na Escuela Oficial de Madrid. Iniciou a súa andaina no diario Pueblo. A partir de 1949 exerceu como redactor de El Progreso de Lugo. Ademais, foi director de Ferrol Diario (1973) e de El Correo Gallego (1980). Escribiu os dramas El hombre que volvió a ser joven (1960), Una casa con jardín (1960) e Los hombres pueden ser dioses (1961); as novelas Los hermanos Ayala (1966) e Esta tierra fue rica y respetada (1980); ademais da súa recompilación de artigos 20 años de papel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo italiano. Representou nas súas obras un ambiente popular e burgués que tratou cunha certa profundidade psicolóxica. Entre as súas comedias salientan La mamma no mor mai (1880) e La base de tutto (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi un dos artífices do golpe militar arxentino de 1976 e sucedeu o xeneral Viola na presidencia da República en 1981. Ordenou a ocupación das Illas Malvinas e foi cesado trala derrota fronte aos ingleses (1982). Foi procesado e condenado a prisión en 1986 e indultado en 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista e estatístico británico. Fixo estudios e investigacións sobre meteoroloxía, metodoloxía estatística, antropoloxía, psicotecnia e herdanza biolóxica, de maneira especial dos caracteres físicos e psíquicos do ser humano, e creou a euxenesia. Estableceu a chamada oxiva de Galton, curva representativa da función de repartición da lei de probabilidade normal. A súa obra principal é Hereditary Genius (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto do estado de Texas, EE UU, situado nun cordón litoral, á entrada da bahía de Galveston (57.247 h [2000]. Trátase dun núcleo de industria metalúrxica, química e alimentaria. Fundada en 1839, o seu desenvolvemento produciuse trala ampliación en 1914 da canle de navegación de Houston.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sector do golfo de México, no estado de Texas, EE UU. Na súa beira está a cidade de Houston.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra do Faro que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Santa Baia de Camba e Fafián (Rodeiro) coa de Argozón (Chantada). O seu cumio acada os 1.078 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apertura dunha partida de xadrez en que o primeiro xogador move, de maneira voluntaria, un peón ou outra peza para conseguir unha vantaxe na posición.

    2. Pao do que se pendura o porco, logo da matanza.

    3. Galla de pequeno tamaño onde se van colocando os peixes ao seren pescados.

    VER O DETALLE DO TERMO