Galinova Editorial
Galinova Editorial
Empresa editorial establecida na Coruña que agrupa dous selos comerciais, Galinova e Fontel Edicións. O primeiro deles está especializado en libros de texto para Educación Primaria, Infantil, ESO e ciclos de Formación Profesional. Ademais, conta con manuais para a aprendizaxe de música en colexios e conservatorios, editados en galego e castelán. Coa marca de Fontel Edicións, ademais de libros de texto, publícanse métodos de lingua galega para adultos, a sección “Biblioteca Didáctica”, na que se inclúen textos dramáticos, e diversos manuais de consulta e libros de música popular.