"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Territorio administrado por un gastaldo.
-
-
Relativo ou pertencente aos gasteromicetos.
-
Fungo do grupo dos gasteromicetos.
-
Grupo de basidiomicetos con corpos esporíferos máis ou menos indehiscentes, que constan de peridio e de gleba. Crecen saprófitos en solos ricos en materia orgánica.
-
-
-
Acción e efecto de gastar. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Onde o gasto é máis que o proveito, dade o trato por desfeito”.
-
Excrementos dalgúns animais, especialmente cans, raposos e lobos.
-
Conxunto de detritos de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe descoñecida; probablemente veña dun caso oblicuo do nome xermánico Gasto, Gastonis (s X), procedente da voz común *gastiz ‘estranxeiro’, ‘hóspede’, feito que o vincularía co latín hostis ‘inimigo’. Non obstante , para algúns investigadores trataríase dunha simple variante do nome étnico francés Gascon ‘gascón’.
-
PERSOEIRO
Príncipe francés. Duque de Anjou (1608-1626), de Orléans (1626-1660) e de Valois, fillo de Enrique IV de Francia. Conspirou sen éxito contra o cardeal Richelieu e trala morte deste reconciliouse co seu irmán Luís XIII. Lugartenente xeral do reino durante a minoría de idade de Luís XIV, conspirou durante a Fronda, polo que o cardeal Mazzarino o recluíu no castelo de Blois (1652).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Foix e de Bigorre (1302-1315), vizconde de Bearn (Gastón VIII), de Castellbò e de Moncada, e señor de Andorra, fillo e herdeiro do conde Roger Bernat III de Foix. Acompañou o Rei Luís X de Francia na campaña de Flandres. Trala súa morte deixoulle os seus dominios franceses ao seu fillo máis vello, Gastón II de Foix, e os cataláns ao seu segundo fillo, Roger Bernat III de Castellbò.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Foix e de Bigorre, vizconde de Bearn (Gastón IX), e señor de Andorra e de Donasà (1315-43), fillo e herdeiro de Gastón I e de Xoana de Artois. Apoiou o Rei Xaime III de Mallorca contra Pedro IV o Cerimonioso e participou xunto a Afonso XI de Castela e León na campaña contra os benimeríns. En 1335 obtivo do rei de Francia a senescalía de Toulouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Foix e de Bigorre (1343-1391), vizconde de Bearn (Gastón X), de Marsan, de Oloron e de Lautrec e señor de Andorra e de Donasà, fillo de Gastón II de Foix. Coñecido tamén por Gastón Phébus, estivo ao servizo do Rei Filipe VI de Francia na Guerra dos Cen Anos. Mantivo, grazas aos numerosos recursos económicos dos seus territorios, unha corte fastosa en Orthez. Morreu sen descendencia, polo que os seus estados pasaron á coroa. Carlos VI de Francia recoñeceulle os dereitos sucesorios de Mateo I de Castellbò a cambio dunha compensación económica. Foi autor do Livre de la chasse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Foix (1436-1471) e de Bigorre (Gastón I, 1436-1471), vizconde de Bearn (Gastón XI, 1436-1471), de Castellbò (Gastón II, 1423-1462), de Narbonne (Gastón I, 1447-1468), fillo e sucesor do conde Xoán I de Foix. En 1434 casou coa infanta Leonor de Navarra, filla de Xoán II de Navarra, quen os proclamou herdeiros ao trono navarro polo Tratado de Barcelona (1455) tras desherdar o príncipe de Viana e a infanta Branca. Axudou a Carlos VII de Francia a recuperar do poder inglés a Guyenne, polo que recibiu o condado de Foix, e liberou a Raíña Xoana Enríquez do sitio de Girona (1462), polo que foi recompensado co señorío de Carcassonne. En 1471 aliouse co duque Francisco II de Bretaña contra Luís XI de Francia e ao ano seguinte pasou a Navarra, onde se puxo á fronte do partido beaumontés, defensor dos dereitos da súa muller.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Provincia de Cádiz, Andalucía, situado no sector NL da serra de Grazalema, no noroeste da provincia, no límite con Málaga (2.100 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan o conxunto de dolmens de Los Algarrobales e El Chacón, a igrexa de San José (s XVIII) e o antigo muíño de aceite dos irmáns Palomino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión total ou parcial do estómago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anastomose cirúrxica que se fai entre o estómago e unha porción do intestino, especialmente do xexuno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedra redonda e moi lisa que se encontraba no estómago dalgúns saurios. Estas pedras axudaban na dixestión, xa que desempeñaba unha función semellante á que cumpren na moella de moitos paxaros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación simultánea do estómago e o peritoneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caída ou descenso do estómago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fístula gástrica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación que consiste en establecer unha comunicación permanente entre a cavidade do estómago e o exterior a través da parede abdominal (fístula gástrica). Emprégase para a alimentación artificial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión do estómago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anastomose cirúrxica entre a parede anterior ou posterior do estómago e unha asa intestinal do xexuno.
-
-
-
Animal no que se engloban varias especies de mamíferos, da familia dos félidos, da orde dos carnívoros. Presenta corpo esvelto, cabeza redondeada co fuciño curto e orellas redondeadas e móbiles, ollos grandes con visión binocular, e pelame suave. Na dentición, caninos afiados e fortes, e lingua recuberta de papilas córneas. Dixitígrados, poden retraer as unllas. De costumes solitarias e territoriais, está presente de maneira silvestre en todo o mundo, agás nas rexións polares e en Australia e Madagascar (onde a súa presenza de orixe antrópica puxo en perigo a supervivencia de numerosas especies autóctonas). Na tradición oral recóllense ditos como: “Máis vale ser cabeza de rato que rabo de gato. Gato berrador, mal murador. O que has dar ao rato, dállo ao gato. Na casa na que non hai gatos, campan os ratos. Máis come o gato dunha “ves”, que un rato nun mes. O can e o gato non poden comer nun prato. Un ollo no gato e outro no prato. Ao gato escaldado a auga fría faille dano. Fillos da gata,...
-
gato caseño/doméstico [Felis catus, Fam dos félidos]
Gato duns 70 cm, dos que 20 corresponden ao rabo. Ten as orellas pequenas e rematadas en punta; o rabo longo, delgado e acabado en punta; a pelaxe de coloración diversa, segundo as razas; e unllas retráctiles. É menor ca as especies salvaxes, procede da especie Felis silvestris lybica, domesticado en Exipto hai 4.000 anos. En relación ao gato bravo presenta a cola máis estreita e puntiaguda. Utilízase como animal doméstico para combater ratos; existen numerosas razas e variedades, entre elas, o gato de angora , que é de pelo longo e espeso, xeralmente branco, e de carácter indolente; o gato persa ten o corpo macizo, as patas curtas e o rabo groso e acabado nun guecho de pelo; o gato siamés é de cor leonada e ten a cabeza, o rabo e as patas da cor do chocolate. É de hábitos nocturnos e nútrese de ratas, ratos, leite, peixe e, ocasionalmente, vexetais.
-
gato bravo/fero/do monte/montés [Felix silvestris, Fam dos félidos]
Animal que mide 60 cm de longo e mais 30 cm da cola. A cor do pelame é gris ou parda, con franxas transversais escuras e cunha liña negra ao longo do dorso, cola grosa e anelada co extremo negro. Ten cabeza ancha e ollos alaranxados. Está distribuído por toda Europa, Asia e África. Habita en áreas de mato ou boscosas, con escasa presenza humana, posto que son animais solitarios e territoriais. Dedícanse esencialmente á caza de pequenos mamíferos, aves ou réptiles.
-
gato murador/pescador/rateiro
Gato caseño que é bo cazador de ratos.
-
gato salvaxe [Felis silvestris, Fam dos félidos]
Gato duns 45-80 cm de lonxitude ata o rabo e uns 35-40 cm de altura ata a cruz. O seu aspecto é similar ao do gato doméstico, pero é máis macizo, co rabo curto e de extremo romo, e coa pelaxe de cor crema con bandas escuras transversais. É de hábitos nocturnos, corredor e saltador, e nútrese de paxaros pequenos e medianos e de mamíferos diversos. Habita na Europa central, meridional e oriental, en terreos preferentemente de bosque, ata altitudes de 1.800 m.
-
-
Xénero de peixes da orde dos carcariniformes que miden de medio a un metro, coa cabeza aplanada e o corpo delgado, de cor gris rosada con manchas circulares escuras de diámetro variable segundo a especie.
-
Aparello mecánico ou hidráulico, portátil ou fixo, empregado para elevar cargas pesadas (ata unhas dez toneladas) a unha altura xeralmente entre 100 e 700 mm. Os primeiros constan xeralmente dun mecanismo de cremalleira accionado por unha manivela ou por un xogo de pancas a través dun desmultiplicador de rodas dentadas; outros modelos baséanse na deformación dun paralelogramo articulado mediante o xiro dun parafuso de dobre rosca. Os segundos baséanse na acción dun pistón de gran corte que ao enchelo con aceite bombeado sobe por outro pistón accionado á man mediante unha panca.
-
-
Ferramenta que consiste nunha barra con dous saíntes, un deles móbil que se aproxima ao outro para apertar e suxeitar entre os dous algunha peza.
-
...
-
-