"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Compañía estadounidense fundada no 1976 por Steve Jobs e Stephen Wozniak que iniciou a popularización dos ordenadores para uso persoal, cun interface gráfico de sinxela interacción co usuario e aplicacións de cómodo uso. No 1977 lanzou o seu primeiro modelo, o Apple II, e no 1984 revolucionou a informática coa liña Macintosh (Mac) e un sistema operativo, o Mac OS (Mac Operating System), no que se inspirou a compañía Microsoft para crear Windows, un sistema operativo moito máis intuitivo ca o seu anterior MS-DOS (Microsoft Disc Operating System), aínda que baseado nel. No 1995 lanzou a liña Power Macintosh e no 1998 os iMac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación escrita en linguaxe Java e pensada especialmente para que poida executarse nun contorno multiplataforma como a Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de rede de área local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Wisconsin, EE UU, á beira do río Fox (56.377 h [1980]). Dedicada principalmente á industria papeleira, é sede do Institute of Paper Chemistry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das capas da ionosfera, coñecida tamén como rexión F, que funciona como reflectora nas telecomunicacións a longa distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico inglés. Estudiou no Saint John’s College de Cambridge e traballou, como axudante de Ernest Rutherford, no laboratorio Cavendish. Interesouse pola propagación das ondas electromagnéticas, que máis tarde aplicou ao desenvolvemento do radar. A partir dos estudios sobre a ionosfera e a reflexión nela das ondas de radio definiu unha nova capa atmosférica á que se lle deu o seu nome. Recibiu o Premio Nobel de Física no 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O Traballo en Rede Avanzado é un sistema desenvolvido pola empresa informática IBM que facilita a conexión de ordenadores en rede de área local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nota de adorno que se fai sentir antes da principal, dándolle un relevo particular ao soar un instante máis tarde do que o faría de non existir o adorno, e que constitúe a súa resolución se este creou unha disonancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro. Conde Apponyi. Deputado (1872-1875 e 1878-1918), foi líder do Partido Nacional. Presidente do Parlamento (1901-1904) e ministro de Educación (1906-1910 e 1917-1918). Representou a Hungría na Conferencia de Paz (1919-1920) celebrada trala Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro, cabeza do Partido Conservador. Conde Apponyi. Vicechanceler (1844) e director da Chancelería de Hungría (1846-1848). No 1859 formou parte do Consello do Estado austríaco. Presidente da Cámara dos Nobres (1861-1864) e deputado (1865), secundou a política pactista de Deak (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza Popular Revolucionaria Americana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causar pracer, agradar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce sensación de pracer ou deleite.

    2. Que está en calma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apraxia polo acto de comer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter un terreo en prado sementando herba nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno psíquico caracterizado por unha imposibilidade de realizar os actos da vida cotiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incapacidade para executar, voluntariamente e dun xeito apropiado, xestos ou movementos aprendidos, sen que exista parálise, trastorno motor simple ou demencia que a cause. Están motivadas por lesións que se localizan nas áreas parietal, temporal ou occipital do cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode aprazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aprazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deixar un asunto ou unha actividade para un momento posterior ao fixado previamente.

    VER O DETALLE DO TERMO