Apple Computer Incorporated

Apple Computer Incorporated

Compañía estadounidense fundada no 1976 por Steve Jobs e Stephen Wozniak que iniciou a popularización dos ordenadores para uso persoal, cun interface gráfico de sinxela interacción co usuario e aplicacións de cómodo uso. No 1977 lanzou o seu primeiro modelo, o Apple II, e no 1984 revolucionou a informática coa liña Macintosh (Mac) e un sistema operativo, o Mac OS (Mac Operating System), no que se inspirou a compañía Microsoft para crear Windows, un sistema operativo moito máis intuitivo ca o seu anterior MS-DOS (Microsoft Disc Operating System), aínda que baseado nel. No 1995 lanzou a liña Power Macintosh e no 1998 os iMac.

Palabras veciñas

appertización | Appia, Adolphe | Appiano sulla Strada del Vino | Apple Computer Incorporated | applet* | AppleTalk* | Appleton