"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento do Salvador (1.240 km2; 261.188 h [1992]). A capital é Ahuachapán (83.885 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome finlandés das illas Åland.
-
PERSOEIRO
Poeta, comediógrafo e novelista francés. Escribiu o drama en alexandrinos Le Père Lebonnard (1889) e a novela Maurin des Maures (1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político indonesio. Formou parte do Partido Comunista de Indonesia dende 1943. Posteriormente fundou o Movemento para a Independencia de Indonesia polo que foi detido sucesivamente polos xaponeses e os holandeses no 1945. Dende 1947 ocupou diversos cargos no Partido Comunista e no goberno presidido por Sukarno (1950-1965). Foi executado despois do golpe de estado do Xeneral Untug (1965) durante a represión dirixida polo Xeneral Suharto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Área do Alto Pireneo dunha superficie de 10.000 ha, declarada parque nacional no ano 1955. Comprende os vales de Sant Nicolau e Peguera, nos concellos de Espot e Barruera. No parque encóntranse numerosas lagoas e vales, e o cume máis alto é o Paladés (2.982 m). No nivel subalpino domina o bosque de piñeiro negro con matogueira. Tamén hai bosque de abetos e poboacións de bidueiros. En canto á fauna, pódense atopar cabras montesas, pitas do monte, perdices albares e troitas comúns. O plano de uso e xestión do parque foi aprobado no1993.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore caducifolia e xeralmente dióica, de pólas ergueitas, follas compostas con glándulas de cheiro desagradable, flores pequenas e verdosas e froitos alados dunha soa semente. É unha especie orixinaria da China e das illas Molucas que se introduciu en Galicia para usos ornamentais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Françoise Sorya.
-
PERSOEIRO
Trobador occitano ao servizo dos señores de Tolosa e de Foix e de Pedro I de Aragón. A súa numerosa produción lírica, adscrita ao trobar rico, destaca pola perfección formal.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento prehistórico da bisbarra de Stif (Alxeria oriental). No 1949 anunciouse a presenza nel de interesantes restos faunísticos do Plio-pleistoceno, dun conxunto de útiles realizados sobre calcaria e dolomías cretácicas. O conxunto lítico recuperado, un dos máis antigos de África do Norte, componse de esferoides e seixos tallados unifacial e bifacialmente, núcleos e lascas. Debido á súa cronoloxía e á mesma tecnoloxía, non é un depósito plenamente aceptado pola comunidade científica internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía canadense de aviación creada en 1937 en Montreal co nome de Canada Airlines.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía francesa de aviación creada en 1933, como consecuencia da unión das compañías aéreas máis importantes daquela en funcionamento: Société Générale des Transports Aériens, Air Union, Air Orient, Compagnie Internationale de Navigation Aérienne e Compagnie Générale Aéropostale. No ano 1946 uníronse tamén Air Bleu e Air Afrique. Dende 1948, é unha compañía de economía mixta na que o estado é o principal accionista.
-
PERSOEIRO
Trobador de posible orixe galega activo no segundo terzo do s XIII. A pesar das dúbidas que aínda suscita o seu apelido -pode aparecer como Carpancho ou Corpancho- a tendencia máis xeneralizada entre os estudiosos é a considerar como máis fiable a forma Carpancho que sería empregado a xeito de alcume co significado de ‘persoa de corpo ancho ou obesa’. Tamén hai dúbidas sobre a súa condición: para os que collen como base o alcuño Corpancho, sería un xograr que frecuentaría a Corte afonsina; sen embargo, a súa colocación nos cancioneiros a carón dos irmáns Pai Soarez de Taveirós e Pero Velho de Taveirós, Martin Soarez, Vasco Gil e Johan Perez d’ Aboim, engadido á súa presenza no Cancioneiro da Ajuda, fai supoñer unha actividade poética centrada no segundo terzo do século XIII e unha posible condición social de cabaleiro e, xa que logo, de trobador. Os tres grandes cancioneiros da lírica profana galego-portuguesa atribúenlle trece cantigas, todas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aditivo que mesturado co cemento ou formigón provoca a formación de pequenas burbullas na masa, aproximadamente de 1 mm de diámetro, circunstancia que os fai máis resistente ás xeadas, tanto antes como despois de secar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coro fundado en 1985 por iniciativa e baixo a dirección de Carlos Díaz O’ Xestal. Formado por 40 voces mixtas acompañadas de tambor, tamboril, pandeireta e gaitas. O seu obxectivo fundamental é recoller, ampliar e divulgar o folclore tradicional galego, sobre todo da bisbarra de Bergantiños. Nos fondos do seu arquivo posúe a obra do seu fundador, o contador de contos O’ Xestal. Actuacións en festas populares por Galicia (Padrón, Coristanco, Laxe, Laracha, etc); no Teatro Colón da Coruña e no Teatro García Barbón de Vigo. Todos os anos participa nos circuítos culturais da Deputación da Coruña, no concello de Carballo. Sucedéronse na súa dirección Miguel Gordillo e Arantxa Concheiro Guerrico; o seu presidente foi Antonio Iglesias e posteriormente Pedro Fernández Pombo. Gravou dúas casetes: Filmoteca 92, El Correo Gallego (1992) e Dial-Disco (1993).
-
REXIÓNS
Rexión de Chile (109.025 km2; 88.782 h [estim 1995]). A capital é Coihaique (43.139 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo norteamericano. Realizou un estudo sistemático das estrelas dobres, das que descubriu unhas 4.500. Publicou o New General Catalogue of Double Stars (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático, lexicógrafo e bibliófilo vasco. Foi autor dun dicionario éuscaro-castelán, publicado postumamente, o Euskeratikerderara biurtzeco itzteguia (1884) e de diversos estudios gramaticais, principalmente sobre o verbo en éuscaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade do estado de Mahãrãs ḥṭ ra, na India. Famosa polos seus templos budistas rupestres; estes son importantes debido á súa arquitectura e, sobre todo, polas súas numerosas pinturas murais (ss I-VII), obras mestras da arte india da época gupta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro da Ajuda.
-
PERSOEIRO
Político vasco. En 1929 ingresou no PNV-EAJ (Partido Nacionalista Vasco) e foi membro do Euskadi Buru Batzar, órgano superior do partido. Defensor da legalidade republicana, viuse na obriga de asinar o pacto de Santoña (1937), polo que Bilbao se rendía e entregaba as milicias vascas ao corpo expedicionario italiano. Prisioneiro durante seis anos, en canto o ceibaron incorporouse á resistencia, destacando como un dos líderes das folgas de 1947 e 1951. Coa restauración das liberdades democráticas, foi un dos máximos impulsores da Fronte Autonómica, (formada polos partidos nacionalistas e o PSOE) nas eleccións de 1977, sendo elixido deputado por Bizkaia.
VER O DETALLE DO TERMO