Air France

Air France

Compañía francesa de aviación creada en 1933, como consecuencia da unión das compañías aéreas máis importantes daquela en funcionamento: Société Générale des Transports Aériens, Air Union, Air Orient, Compagnie Internationale de Navigation Aérienne e Compagnie Générale Aéropostale. No ano 1946 uníronse tamén Air Bleu e Air Afrique. Dende 1948, é unha compañía de economía mixta na que o estado é o principal accionista.