Air Afrique
Air Afrique
Compañía africana de aviación creada en Costa do Marfil en 1961, coa axuda de Air France e da Union des Transports Aériens (UTA). Nela participan dez estados africanos: Costa do Marfil, República Centroafricana, Congo, Benín, Burkina Faso, Mauritania, Senegal, Togo, Níxer e Chad.