"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • ENTRADA LARGA

    [Nome oficial cast: República de Guinea Ecuatorial] Estado de África occidental, que comprende unha parte continental (Mbini), situada entre Camerún ao N e Gabón ao L e ao S, e diversas illas do golfo de Guinea: Bioko, Pagalu, Corisco, Elobey Gran e Elobey Petit (28.051 km2; 464.000 h [estim 2001]). A capital é Malabo.
    Xeografía
    A parte continental, ou Mbini, está formada por unha chaira litoral de 15 a 25 km de longo, dominada ao L polo zócolo antigo, que se eleva ata os 1.200 m no monte Mitra e que os principais ríos, como o Benito, atravesan en rápidos. O clima é cálido e húmido, con chuvias moi abundantes. O bosque denso ecuatorial cobre case todo o territorio. A vexetación natural foi destruída fortemente pola deforestación. A economía baséase na agricultura, que produce cacao, café, plátanos, aceite de palma, cacahuetes e cocoteiros e, para o consumo do país, mandioca e pataca doce sobre todo. O bosque cobre o 46% da superficie total e constitúe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Amplo entrante do Océano Atlántico na costa occidental africana que se estende desde o Cabo Palmas ata o Cabo López.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Guiné-Bissau, Guinea ou Guinea Ecuatorial ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Guiné-Bissau, Guinea ou Guinea Ecuatorial.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo guineano.

      2. Individuo do pobo guineano.

      3. Pobo africano que se estendeu polo golfo de Guinea e Camerún. Os seus principais grupos son os kissi, os assimi, os ashanti e os yoruba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘sombreiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Escola de la Llotja e traballou en Santa Maria del Mar (1772) e na igrexa da Mercè (1775). Das súas obras destaca El entierro de Sansón (1777), realizado para la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, e as figuras alegóricas do Comerç e a Indústria na escaleira de la Llotja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifestación tectónica ligada a substancias salinas ou á estrutura que esta orixina. Tamén recibe o nome de diapirismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo estadounidense. Estudiou medicina na Universidade de Johns Hopkins, onde se doutorou no 1927. Traballou nas universidades de Leipzig, Múnic, Johns Hopkins e Rockefeller de Nova York. Investigou a neurofisioloxía da visión e a fisioloxía da fotorrecepción. Recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (1967), xunto con G. Wald e R. A. Granit, polos seus descubrimentos sobre a fisioloxía e a bioquímica da visión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador alemán. Profesor de historia e economía política de España, doutorouse coa tese Oposición ao Franquismo durante o período 1939-1952 (1981) e publicou especificamente sobre Galicia A Guerrilla antifranquista en Galicia (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Estudiou dereito en Bonn, onde A. W. Schlegel o iniciou no romanticismo, Göttingen e Berlín, cidade na que recibiu a influencia de Hegel. Dos primeiros anos son Briefe aus Berlin (Cartas desde Berlín, 1821), Lyrisches Intermezzo (1823) e Reisebilder (Retratos de viaxes, 1827-1830), onde criticaba a sociedade, a política e a literatura do seu tempo. Publicou Das Buch der Lieder (O libro das cancións, 1827) e en 1831 estableceuse en París, desde onde informaba a Alemaña dos asuntos franceses: Französische Zustände (A situación en Francia), escribía artigos no Augsburger Allgemeine Zeitung, e divulgaba en Francia a filosofía alemá a través do Die romantische Schule (A escola romántica, 1833 en francés, 1836 en alemán) e de Zur Geschichte der Religion und Philosophie in Deutschland (Sobre a historia da relixión e a filosofía en Alemaña, 1834, en francés). En 1835 converteuse nun autor prohibido no seu país...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Investigou os harmónicos esféricos e a teoría dos conxuntos. Estableceu o teorema que despois foi estudado por E. Borel e H. Lebesgue, chamado de Heine-Borel ou de Borel Lebesgue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • teorema de Borel-Lebesgue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia anormal de hemoglobia no plasma sanguíneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Katherine Houghton Hepburn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e político, conde de Ofalia e marqués de Heredia. En 1832 foi nomeado ministro de Fomento. A finais de 1837 encabezou un goberno moderado que caeu ao ano seguinte. Foi senador pola provincia de Lugo nas lexislaturas 1837-1838 e 1840-1841.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario e político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid en 1961 e empresario da construción na súa comarca de orixe, foi elixido alcalde do Barco de Valdeorras en 1983-1987 por Coalición Popular. Foi senador electo por Ourense na V lexislatura (1993-1996), polo Partido Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás partículas que se moven a diferente velocidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hexactinélidos.

    2. Porífero da clase dos hexactinélidos.

    3. Clase de poríferos que comprende esponxas dotadas dun esqueleto formado por megascleras silíceas do tipo hexactina triaxona, soldadas ou dispostas en forma de rede. Inclue formas primitivas, de organización e tamaño considerables. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Exerceu como profesor na Ethical Culture High School de Nova York, ata que en 1903 decidiu utilizar a fotografía como elemento pedagóxico. Interesado nas condicións de vida dos inmigrantes neoiorquinos, dedicouse a denunciar a explotación dos nenos traballadores. En 1918, contratado pola American Red Cross, trasladouse a Europa para fotografar as consecuencias da Primeira Guerra Mundial. Destaca o realismo dos seus traballos, especialmente na construción do Empire State Building.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hiperlipoproteinemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motilidade excesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO