"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
-
Falsa filosofía.
-
Abuso ou uso superficial que se fai dos principios ou dos termos propios da filosofía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina metafísica que considera o Universo como unha orde de fins que as cousas tenden a realizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina neopositivista segundo a que todo é físico e o único criterio de verdade é a verificación positiva e empírica. Os seus principais representantes foron O. Neurath e R. Carnap.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo científico enunciado por Carl von Linné e defendido máis tarde polo naturalista francés Georges Cuvier, que entende as especies como entidades naturais inmutables e de orixe independente. Esta proposta foi aceptada amplamente ata que se desbotou, a finais do s XIX, en favor do darwinismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gusto polo folclore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de caracteres fonéticos dunha lingua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
foneticismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que propugna a conservación e o fomento dos diversos dereitos forais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Etapa do capitalismo moderno (1940-1970) caracterizada pola produción a grande escala, unha alta división do traballo e o crecemento de créditos ao consumo. Os métodos de produción fordistas foron aplicados por primeira vez na compañía Ford Motor, e xeneralizáronse posteriormente ao resto das industrias.
-
-
Coidado excesivo da forma, das normas e das convencións sociais.
-
-
Sistema filosófico que se caracteriza pola importancia que se lle dá ás estruturas xerais dun obxecto, dunha ciencia ou dunha disciplina.
-
formalismo kantiano
Sistema metafísico que explica a intelixibilidade da natureza pola forma ou leis do pensamento.
-
-
Corrente lingüística herdeira do estruturalismo, que concibe a lingua como unha forma pura. O seu máximo representante é Louis Hjelmslev, do Círculo Lingüístico de Copenhaguen, quen propón un enfoque formal para o estudo da linguaxe coñecido como glosemática. L. Hjelmslev leva o estruturalismo ás súas últimas consecuencias, ao delimitar o obxecto de estudo da lingüística ás formas como unidades abstractas, preconizando unha separación radical con respecto á súa base material, os sons no plano da expresión, e a realidade extralingüística no plano do contido. Tanto os sons como a realidade extralingüística formarían parte do que el denomina substancia, que quedaría fóra do campo de interese da lingüística. Segundo esta teoría, o único método de investigación válido é a introspección, é dicir, ao lingüista chégalle co seu propio coñecemento intuitivo e individual da lingua que estudia. En efecto, dado que non interesa o uso real da lingua, desprézase calquera intento de elaboración...
-
Tendencia literaria desenvolvida pola escola de formalistas rusos, que propugna que os contidos das imaxes poéticas se basean nos principios sintácticos, morfolóxicos, rítmicos e métricos que configuran a totalidade do texto poético.
-
Tendencia creativa teatral na que os significantes se sitúan nun primeiro plano, mentres os significados, ou a mensaxe, perden importancia e interese. Debedora dos principios da arte pola arte, esta corrente comezou a coller forza no mundo teatral a partir das primeiras iniciativas do teatro total que formulara Richard Wagner, e das posteriores propostas simbolistas, nas que aspectos como a luz, a música ou o deseño do espazo escénico cobraban especial relevancia, e das indagacións das vangardas históricas. Non obstante , foi nos anos sesenta e setenta cando a investigación formal desenvolveu todas as súas posibilidades cos traballos de creadores como Jerzy Grotowski, Richard Foreman, Robert Wilson ou Jan Fabre.
-
Doutrina introducida polo matemático alemán David Hilbert que propugna que a ciencia matemática só é un xogo formal con símbolos e regras. A construción dun sistema formal resulta de obter, a partir duns axiomas iniciais, dos que pode non existir ningunha realización concreta, un conxunto consistente de teoremas. Esta doutrina oponse ao loxicismo de Russel e Whitehead, e ao intuicionismo de Brouwer. Tamén se coñece co nome de axiomatismo ou axiomática formal, xa que, a partir duns axiomas iniciais obtéñense un conxunto de teoremas.
-
Predominio dos contidos técnicos ou formais sobre os contidos expresivos ou poéticos nunha obra de arte.
-
-
-
Importancia excesiva das fórmulas para resolver ou tramitar calquera asunto.
-
Actitude da persoa que tende a utilizar fórmulas ou convencionalismos nas relacións sociais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación causada polo fósforo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola literaria sueca. Romántica con certas tendencias neoclasicistas, estivo influída por Schelling, Goethe e Schiller.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Magnetismo que se produce por radiacións luminosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fototaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tropismo no que o factor estimulante é a luz. Presentan fototropismo unha gran parte dos organismos unicelulares e os organismos vexetais. O fototropismo pode ser positivo ou negativo, segundo a resposta sexa de orientación cara á fonte luminosa ou de afastamento. Así, os brotes aéreos das plantas presentan fototropismo positivo e as raíces, fototropismo negativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema filosófico e económico de Charles Fourier e dos seus seguidores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso xurdido ao redor de san Francisco de Asís e de acordo co seu espírito, especialmente a pobreza e o amor a todas as criaturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réxime político ditatorial implantado en España entre 1939 e 1975 como resultado da Guerra Civil e no que o xeneral Franco detentou o poder hexemónico. Inicialmente foi un sistema de poder de oligarquía agraria, financeira e industrial, emparentado co fascismo e coas raíces do tradicionalismo católico e conservador. Ideoloxicamente, non chegou a presentar unha forma clara e coherente, aínda que existía unha monopolización do poder político na persoa de Franco, quen unha vez rematada a guerra, lonxe de cesar a acumulación de cargos e funcións, reasegurou na súa persoa os resortes do mando. Non implantou un programa persoal concreto de goberno, xa que detrás del existían diversas “familias” (falanxistas, católicos, carlistas, monárquicos, clientelas persoais) ou grupos de poder entre os que había notorias discrepancias, e entre os que procurou manter un certo control e equilibrio. Os primeiros anos tentou crear un consenso en torno aos elementos ideolóxicos do fascismo, e posteriormente arredor...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de palabras fixo ou permanente que posúen un significado conxunto.