"Ivo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 721.

  • Aplícase ao que serve para restaurar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que restrinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao aspecto verbal que presenta o significado do verbo como resultado da acción expresada por el mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a capacidade de reter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que retribúe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forza ou actúa sobre o pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fai referencia a un tempo pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter profesional publicada na Coruña a partir de xaneiro de 1962 que cesou en xaneiro de 1978. Editada nos obradoiros de El Ideal Gallego cunha periodicidade cuadrimestral, foi dirixida por Ricardo Mora e Samuel Roberes. A publicación xurdiu coincidindo coa creación dunha nova sala na Audiencia Territorial da Coruña e ofreceu estudos lexislativos, ditames, bibliografía e xurisprudencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao medicamento ou remedio aplicado sobre a pel que produce unha hiperemia, que se manifesta con cor vermella e con sensación de calor local. Son revulsivos, entre outros, a mostaza, a augarrás e o alcohol (en frición).

    2. Aplícase ao que causando alarma ou padecemento provocan unha reacción saudable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a capacidade de rexenerar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario inglés. Profesor en Cambridge e Harvard, os seus escritos teóricos, de aspecto psicoloxista, tiveron un papel determinante na formación das novas correntes críticas de principios do s XX. Escribiu The Meaning of the Meaning (1923), xunto a C. K. Ogden; Principles of Literary Criticism (1924), Practical Criticism (1929) e The Philosophy of Rethoric (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidad de Salamanca e en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, en 1920 trasladouse a EE UU para desempeñar unha cátedra de Literatura Española do s XIX na Cornell University Ithaca (Nova York). En 1932 converteuse en catedrático de Xeografía e Historia no instituto de Lugo. Experto en mitoloxía e astroloxía, e lector de Rubén Darío, Verlaine e Baudelaire, influíu intelectualmente nos membros da Xeración Nós, especialmente en R. Otero Pedrayo, cos que compartiu algúns parladoiros e conferencias no Ateneo ourensán. Colaborador de La Centuria co nome de Beta Herculis, escribiu Las mesetas ideales (1910), Escenas de gigantomaquia (1923) e Errores de la actual división provincial de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias (1925). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que implica ou contén unha pregaria ou unha súplica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten un movemento xiratorio de rotación.

      2. Que se refere a unha rotación.

    1. Xornal ou publicación periódica impresa con máquina rotativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que segrega moita saliva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección fotográfica composta por imaxes dos irmáns Constantino, Enrique e Xosé Sarabia, que se instalaron en Vigo na década de 1910, á sombra do estudo de Xosé Gil, con quen aprenderon a arte fotográfica. Constantino dedicouse á fotografía exterior, mentres Enrique facía a de estudio. Os seus traballos documentaron desde momentos da historia de Vigo ata actos sociais. Outras imaxes foron encargos comerciais, como as series fotográficas da industria conserveira ou a das obras no porto de Vigo. Publicaron as súas imaxes en Vida Gallega, Faro de Vigo ou El Pueblo Gallego, e ilustraron diferentes libros, como Pontevedra y su provincia (1921) e Libro de Oro de la Provincia de Pontevedra (1931). Tras a morte do último irmán, Constantino, boa parte do arquivo desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se sementa e cultiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocloruro de rosanilina disolto en auga e descolorado con dióxido de xofre, que se volve de cor maxenta cos aldehidos e se emprega para detectalos en bebidas alcohólicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que seda ou tranquiliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo macrófago que se nutre de terra na que, ademais dos minerais e materias non dixeribles, hai organismos vivos, detritos asimilables e porcións de organismos mortos ou excrementos.

    VER O DETALLE DO TERMO