Richards, Ivor Armstrong

Richards, Ivor Armstrong

Crítico literario inglés. Profesor en Cambridge e Harvard, os seus escritos teóricos, de aspecto psicoloxista, tiveron un papel determinante na formación das novas correntes críticas de principios do s XX. Escribiu The Meaning of the Meaning (1923), xunto a C. K. Ogden; Principles of Literary Criticism (1924), Practical Criticism (1929) e The Philosophy of Rethoric (1936).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sandbach, Cheshire

  • Deceso

    Lugar : Cambridge