"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

  • Armazón que contén unha ou dúas placas fotográficas, fóra da acción da luz, que serve para cargar as cámaras fotográficas de placas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das portulacáceas, ao que pertence a beldroega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás portulacáceas.

    2. Planta da familia das portulacáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das cariofilais, composta por plantas herbáceas ou subarbustivas, de follas dispersas ou enfrontadas, carnosas e estipuladas, de flores hermafroditas, en xeral regulares e hipóxinas, agrupadas en acios racemiformes, e de froitos dehiscentes, normalmente capsulares. De distribución cosmopolita, a especie máis común é a beldroega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é posterior a un período glacial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de postular.

      1. Petición de dispensa que fan os capitulares dunha igrexa á autoridade relixiosa competente con vista ao nomeamento dun prelado que, por un impedimento canónico ou por ser prelado doutra igrexa, necesita a dispensa para obter o cargo.

      2. Demanda de esmola por parte dos relixiosos designados para este oficio pola súa orde ou a súa congregación, de acordo coas normas do dereito canónico.

    2. Capacidade procesual esixida pola lei para que as partes poidan exercer validamente perante os tribunais as súas pretensións, que comprenden a defensa do avogado e a representación do procurador, dos que nalgúns casos se permite prescindir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no cume homónimo en Lhasa, no Tibet. Foi a antiga residencia do Dalai Lama. O conxunto foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994, denominación ampliada en 2000 e 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é anterior a un período glacial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Preferencia ou antelación con que unha persoa, cuestión ou cousa, se debe tomar en relación a outra con que se compara.

    2. Orde legal de preferencia que lle dá dereito ao acredor, que non puido asegurar os seus créditos cos bens embargados, a actuar primeiro contra un grupo de bens antes de pasar ao seguinte.

    3. Orde legal de preferencia con que se deben satisfacer os diversos créditos concorrentes no caso de execución forzosa dun debedor moroso ou insolvente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás primuláceas.

    2. Planta da familia das primuláceas.

    3. Familia de primulais formada por plantas herbáceas, de follas simples basais e regulares, hipóxinas e pentámeras, e froitos capsulares. Son propias das rexións holárticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de promoción publicitaria que consiste en situar un produto nunha ou varias escenas dunha película ou telefilme. Está demostrado que a súa eficacia é máis alta ca a da publicidade directa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina que ten por obxecto a conservación da saúde e a prevención de enfermidades

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á profilaxe.

    2. Que preserva dunha enfermidade.

    3. Substancia que preserva dunha enfermidade.

    4. condón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona pectídica, sintetizada pola adenohipófise, que estimula a produción de leite polas glándulas mamarias e que tamén intervén no mantemento do corpo lúteo. OBS: Tamén recibe o nome de hormona luteótropa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de implantación do embrión no aparato reprodutor feminino na que unha parte do oviduto se transforma nunha especie de útero, establecendose unha asociación íntima entre o saco vitelino do embrión e o revestimento do útero, sen que chegue a constituírse unha verdadeira placenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal con pseudoplacentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento metalúrxico de obtención de ferro industrial ou de aceiro de baixo contido de carbono, xa en desuso. Foi inventado en 1787 polo inglés Cort (1740-1800). Nun forno de reverberación, engádeselle unha escoura ferruxinosa ao baño de ferro coado líquido. O carbono elimínase e as impurezas acumúlanse na escoura, que se separa do ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de pulular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que se forma un quelato, entre o ión metálico e un ligando bidentado ou multidentado. Supón un cambio notable das propiedades dos ións que a sofren, especialmente no que respecta á coloración e á condutividade eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queratite profunda, propia dos neonatos, caracterizada por un abrandamento da córnea, que remata perforándose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Formouse na Academia General Militar de Zaragoza e acadou o rango de tenente xeral en 1979. Participou na Guerra Civil Española cos regulares de Ceuta e na campaña de Rusia coa División Azul. Estivo destinado no rexemento de Guardia e na Casa Militar de Franco, como secretario xeral. Foi gobernador militar de Pontevedra e da Coruña, director da Academia General Militar de Zaragoza (1973) e capitán xeneral da I Rexión Militar (1979-1982). Durante o Vinte e tres de febreiro (1981) destacou pola súa lealdade á orde constitucional. Morreu asasinado por ETA. Recibiu, entre outros galardóns, a Gran Cruz do Mérito Militar e a Gran Cruz de San Hermenegildo.

    VER O DETALLE DO TERMO