"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • GALICIA

    Soprano. Emigrou a Uruguay, onde comezou os estudios musicais e debutou artisticamente. Posteriormente, trasladouse a Europa e formou parte da Ópera de Düsseldorf. Catalogada como soprano dramática, actuou nos principais teatros do mundo e interpretou óperas e zarzuelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mo-vemento e organización política chinesa fundada por Sun Yatsen. As súas orixes estaban na Xing Zhonghui (Asociación para a restauración de China), creada polo mesmo Sun Yatsen en 1895 e que en 1905 se converteu na Zhonggao Tongmenhui (Alianza Chinesa), organización antidinástica, republicana e demócrata. Trala Revolución de 1911 transformouse nun partido nacionalista e burgués, e tomou o nome de Guomindang. Prohibido coa disolución do Parlamento (1913), converteuse, en Xapón, no Zhoughua Guomindang (Partido Revolucionario Chinés), e en 1919 Sun Yatsen volveulle dar o nome de Guomindang (Partido Nacional). A principios da década de 1920 aliouse co Partido Comunista de China, co que emprendeu a loita contra os señores feudais do N, pero trala morte de Sun Yatsen, o novo líder Chiang Kai-shek constituíu un goberno provisional en Nanquín aliado cos sectores conservadores e enfrontado ao PCCh, co que chegou novamente a un acordo trala invasión xaponesa. Ao acabar a Segunda Guerra Mundial,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse na Escola de la Llotja e traballou en Santa Maria del Mar (1772) e na igrexa da Mercè (1775). Das súas obras destaca El entierro de Sansón (1777), realizado para la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, e as figuras alegóricas do Comerç e a Indústria na escaleira de la Llotja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ascomicotinas, da familia das helveláceas, que viven en bosques de coníferas. Son fungos que presentan un sombreiro que recorda a forma do cerebro humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción de fotografías en cores naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemorraxia na medula espiñal, que se produce pola rotura dunha arteria ou dunha vea espiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escisión, total ou parcial, do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático da Universidade de Vigo e director de Bioenxeñería e Cronobioloxía en Vigo. É Doutor Enxeñeiro de Telecominicacións e Master’s Degree en Estatística, Patobioloxía e Cronobioloxía. Foi director en funcións e subdirector da ETSI de Telecomunicacións na Universidade de Vigo. Obtivo o Premio Internacional de Cronobiología (1985), o Premio Internacional de Crono-Farmacología (1986), o Premio Nacional de Tesis Doctorales (curso 1985-1986), o Premio de la Fundación Científica de la Asociación Española contra el Cáncer e o Norberto Montalbetti Prize (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Polinomios en O dados pola expresión xenérica

    FORMULA

    Satisfán a fórmula de recorrencia
            Hn+1(x) - 2xHn(x) + 2nHn-1(x) = 0,
    e son solucións da ecuación diferencial de Hermite,
                             y’’- 2xy + 2ny = 0.
    Os primeiros polinomios son H0(x) = 1, H1(x) = 2x, H2(x) = 4x2-2, H3(x) = 8x3-12x e H4(x) = 16x4- 48x2+12.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e ourive. Formouse no taller paterno e, posteriormente, na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. Realizou paisaxes de tipo romántico cunha técnica de orixe impresionista. No campo do esmalte destacan as súas series sobre pazos e monumentos de Galicia. A súa obra atópase no Museo de Pontevedra e no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección do saco herniario, nos casos de hernia estrangulada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • teliomicétido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diferencia na cor do iris dun ollo, ou cor diferente entre os ollos dun mesmo individuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que posúe os músculos abdutores desiguais, como no caso dos moluscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de heterónomo.

    2. Estado da vontade, segundo I. Kant, en que o principio da súa actividade nace dunha autoridade exterior ou dun impulso estraño á razón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hifoquitridiomicetos.

    2. Fungo da clase dos hifoquitridiomicetos.

    3. Clase de mastigomicotos semellantes aos quitridiomicetos, pero coas zoosporas provistas dun flaxelo anterior e con bárbula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos himenomicetos.

    2. Fungo do grupo dos himenomicetos.

    3. Grupo de basidomicetos da subclase das homobasidiomicétidas, que se caracterizan pola presenza dun himenio libre e externo e porque os basidios normalmente son claviformes, teñen catro basidiosporas sobre esterigmas apicais e fórmanse a partir dun micelio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aumento anormal da pigmentación da pel, sexa conxénita ou adquirida.

    2. Aumento do contido normal de hemoglobina dos eritrocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal do ácido hipobromoso.

    2. Anión de fórmula BrO - que se pode considerar formalmente derivado do ácido hipobromoso por perda do hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO