"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Armiños de prata colocados en campo de sable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oposición a unha reforma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento reformador católico do s XVI xurdido como reacción á Reforma protestante. Por unha banda, pretendeu frear e diminuír a influencia do protestantismo e recuperar para o culto católico os fieis que acolleran os novos cultos protestantes. Por outra banda, buscou definir a doutrina católica e reorganizar a disciplina do clero. A Igrexa católica dedicoulle todos os medios políticos, teolóxicos, espirituais e prácticos que tiña ao seu alcance. O Papa Paulo III restaurou a Inquisición (1542), creou a Congregación do Índice (1543) que se encargou de publicar Index librorum prohibitorum (Índice dos libros prohibidos, 1559), unha listaxe dos escritos e libros contrarios á Igrexa católica, e inaugurou en 1545 o Concilio de Trento, que desenvolveu as súas sesións ata 1563. Os seus decretos convertéronse na guía da Contrarreforma, tanto no eido da doutrina como da práctica do culto católico. Pío V publicou o Cathecismus romanus (Catecismo romano, 1566), dedicado aos parrocos,...
-
-
Que ou quen é contrario a unha reforma.
-
-
Relativo ou pertencente á Contrarreforma.
-
Que ou quen é partidario da Contrarreforma.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente aos coraciformes.
-
Ave da orde dos coraciformes.
-
Orde de aves do Vello Mundo, xeralmente tropicais. Posúen un peteiro longo, patas e ás curtas, e plumaxe brillante. Fan os seus niños en buracos. Engloba as familias dos alcedínidos, dos corácidos, dos merópidos e dos upúpidos.
-
-
-
Que ten forma de coral.
-
Aplícase ao cálculo renal que ocupa os cálices ou a pelve renais, que fixeron de molde para a súa formación, polo que teñen forma de coral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de corazón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de corimbo.
-
PERSOEIRO
Físico surafricano. Cursou estudios de física nuclear na Universidade de Cidade do Cabo e en Cambridge. Profesor da Universidade de Cidade do Cabo entre 1950 e 1956, pasou a traballar no Cambridge Electron Accelerator da University of Harvard e no departamento de Física da Tufts University de Massachusetts. En 1957 comezou a desenvolver os traballos que o levaron ao CT-scan, para os que empregou modelos de madeira e aluminio. En 1979 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía con G. N. Hounsfield, polos seus traballos no campo da tomografía axial computerizada (TAC) e no desenvolvemento dos sistemas de exploración por varrido (escáner).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor e realizador cinematográfico. Durante os anos cincuenta especializouse na realización de filmes de baixo presuposto, entre os que destacan diversas adaptacións de E. A. Poe como The Pit and the Pendulum (O pozo e o péndulo, 1961) e Tales of Terror (Historias de terror, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘irmán’.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de santo Adrián.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ría do litoral NO da Comunidade Autónoma de Galicia, na Costa da Morte. Ábrese na desembocadura do río Anllóns sobre unha litoloxía granítica de cronoloxía hercínica, fracturada en dirección LSL-ONO. O seu límite setentrional constitúeo a punta do Roncudo, no litoral occidental da parroquia de Corme-Porto (concello de Ponteceso), mentres que polo S péchaa o cabo de Laxe, na parroquia e concello homónimos. Entre estes dous puntos a ría rexistra a súa máxima amplitude, cuns 4.750 m. No fondo da ría, no esteiro do Anllóns (enseada da Insua), as achegas de sedimentos fluviais provocaron a aparición dunha barra areosa (a praia de Enmedio), que segue a dirección NL-SO dunha banda de xistos e paragneises do Precámbrico, afundida e asolagada neste sector. Polo que respecta aos asentamentos humanos, cómpre salientar a vila de Laxe, na beira meridional, e a parroquia de Corme-Porto, na parte setentrional, ambos os dous localizados en lugares resgardados que permiten un certo desenvolvemento das actividades...
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación da Nosa Señora dos Remedios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación secundaria dentro do estolón dos sifonóforos, formada por grupos de elementos que se encargan da reprodución (gonozoides), da nutrición (gastrozoides), da excreción (cistozoides) e da protección da colonia (aspidozoides).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo vexetativo pluricelular dos fentos e das plantas con sementes, constituído pola raíz, o talo e as follas. O cormo presenta tecidos condutores complexos que o diferencian do talo dos talófitos, do que, evolutivamente, procede. A aparición do cormo, e consecuentemente dun sistema condutor, posibilita o desenvolvemento da vida vexetal no medio aéreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta da división das briófitas, pteridófitas ou espermatófitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás plantas que se caracterizan pola presenza de cormo; isto é, ás briófitas, ás pteridófitas e ás espermatófitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de corno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de corola.