"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de xaneiro de 1990. Subtitulada “Publicación galega de pensamento crítico”, foi dirixida por Xosé Luís Méndez Ferrín e editada por Sotelo Blanco Edicións. De periodicidade trimestral, trátase dunha publicación sobria no seu deseño, obra de Francisco Mantecón, pero con abundante contido cultural e crítico agrupado nas seccións “Cuestións”, “Acoutacións”, “Textos”, “Publicacións” e “Crónica”. Dos seus contidos destacan os artigos relacionados con cuestións de pensamento político, temas literarios e lingüísticos (poesía, recuperación de textos inéditos ou literatura noutras linguas), e ensaios sobre filosofía e socioloxía. Cunha tendencia marxista e nacionalista, a revista contou con abundantes colaboracións destacadas tanto de autores galegos coma foráneos, co obxecto de servir de foro para o debate de ideas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Toga cerimonial romana que ten unha banda púrpura e que se usaba en certas cerimonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á variedade de comedia togata que tomou o nome da trábea, indumentaria propia dos cabaleiros, personaxes principais destas obras. En latín denominábase fabula trabeata. De ambiente burgués e carácter cómico, pero sen caer na grosaría, gozou dunha vida moi limitada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ringleira ou lámina de células que atravesa un meato ou espazo intercelular.

    2. Fibra ou lámina de tecido estéril que atravesa o tecido fértil en diversos órganos esporíferos, como o esporogonio das briófitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pecho que consiste nunha peza de madeira que xira sobre unha punta cravada no medio, e que se usa para fechar portas, ventás ou cancelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ara cun aro en cada extremo que se engancha aos estadullos traseiros do carro para asegurar a carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colocar a trabinca ao carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina de guerra, anterior á invención da pólvora, que lanzaba grandes pedras contra murallas ou buques.

    2. Arma de fogo portátil, de carga dianteira, canón curto e amplo, e boca acampanada, que esparexe moitos proxectís a pouca distancia ou lanza un só. Foi a arma característica do bandoleirismo na España do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantidade que se paga como imposto para contribuír aos gastos públicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de pesca do cerco que se emprega para coller a sardiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • transfigurable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode transfigurar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser triturado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Minas Gerais, Brasil, situada á ribeira do río Uberaba (274.988 h [estim 2004]). É un centro comercial dunha importante rexión agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Bizkaia, Euskadi, regado polo Nervión (4.104 h [2001]). A proximidade coa cidade de Bilbao, favoreceu o desenvolvemento industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás rochas ígneas formadas por olivina e outros silicatos ferromagnésicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Marrocos que nace no Atlas Medio e desemboca preto de Al- Ǧ adīdah, no Océano Atlántico, tras 500 km de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo federativo de Exipto, Siria e Libia constituído de acordo coas conclusións da conferencia que se libraron en Bengasi os xefes de estado Sadat, Assad e Gaddafi, en 1971. Rexida polo consello presidencial dos tres xefes de estado, pretendía a fusión dos tres países, e por iso a súa competencia se tiña que estender a decisións de guerra e de paz, defensa, economía, instrución e formación, pero non tivo éxito.

    VER O DETALLE DO TERMO