"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • PRAIAS

    Praia da ría de Arousa, situada na parroquia de Abanqueiro (Boiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do litoral atlántico, situada na parroquia do Grove, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote situado fronte ás puntas Pelerón e Lapachán, na parroquia de Malpica de Bergantiños, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada na ría de Betanzos, na parroquia de Perbes (Miño).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada na parroquia de Dexo (Oleiros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da illa de Cortegada, pertencente ao concello de Vilagarcía de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Corcubión baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena illa da costa atlántica, situada na parroquia de Carreira (Ribeira).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Soutadoiro (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.396 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre as provincias de Lugo e León, na parroquia de Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro). O seu cumio acada os 1.481 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Corcubión. Construída a finais do s XII e comezos do s XIII, ten planta rectangular cunha soa nave e unha ábsida cuberta con bóveda de canón. Da época románica só conserva o arco triunfal, a ábsida, unha pequena fiestra no testeiro e os canzorros que sosteñen o aleiro do tellado. O arco triunfal é peraltado. A fachada remata nunha espadana dun corpo con dous arcos de medio punto peraltados, con frontón, dous acroterios piramidais e unha cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a unha variedade de pera de cor verde e tamaño medio.

      1. Aplícase a unha variedade de mazá temperá, amarela con pintas negras, arredondada, grande e saborosa.

      2. Aplícase a unha variedade de mazá serodia, agre, dura e verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena illa da costa atlántica, situada na parroquia de Abanqueiro (Boiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar forma redonda a algo.

    2. Axustar unha cifra a un determinado número, prescindindo das fraccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘laranxeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Barroso (Avión). O seu cumio acada os 582 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de Santiago que dá nome ao concello de Redondela, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Vigo situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 17’ de latitude N e 8° 37’ de lonxitude O. Limita ao N con Soutomaior (comarca de Vigo), ao L con Pazos de Borbén (comarca de Vigo), ao S con Mos e Vigo (ambas as dúas na comarca de Vigo), e ao O coa ría de Vigo. Abrangue unha superficie de 52,1 km 2 cunha poboación de 29.987 h (2007), distribuída nas parroquias de Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso. A capital está na vila de Redondela, na parroquia homónima, a 73 km de Santiago de Compostela e a 19 de Pontevedra. Está adscrito á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial de Redondela.
    Xeografía física
    Desde o punto de vista orográfico o territorio divídese en tres franxas lonxitudinais de dirección N-S. A máis oriental correspóndese con pequenas aliñacións montañosas, cunha altitude media entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Tui-Vigo que abrangue os concellos de Redondela, Soutomaior e parte do de Pazos de Borbén. Comprende 19 parroquias matrices e dous anexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior.

    VER O DETALLE DO TERMO