"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Naceu na cidade de Riom, na Auvernia (Francia). Sábese da súa existencia mercede a unha breve mención que del fai Gregorio de Tours. Segundo a súa lenda, librou de serpes a rexión onde vivía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor italiano. Autor da Cappella Colleone de Bérgamo (1472-1476), que alternou coa decoración da fachada da Igrexa da Cartuxa de Pavía (1475).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e mariño. Procedente dunha familia de navieiros galegos, Xosé Benito Amado Boullosa fixo estudios marítimos aínda que abandonou esta profesión para se dedicar á política. Foi tamén un activo xornalista e pertenceu a varias sociedades científicas e literarias. No 1868 desempeñou o cargo de Gobernador Civil en Ourense e posteriormente en Pontevedra. En castelán escribiu lendas e narracións históricas como Misterios de Pontevedra (1845), Las rosas encantadas o las tres hermanas. Cuento fantástico tradicional (1859), Charino o la conquista de Sevilla ou Elvira, Alfonso y Laura. Coa súa composición “El canto de la negra”, recollida no Álbum de la Caridad, chegou a adquirir gran popularidade. En galego é autor de dúas composicións, “Saudades”, publicado en 1876 en O Tío Marcos d’a Portela, e “A romería”, datada en 1882. Empregou ás veces o pseudónimo Juan de Lérez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe que se retirou a unha cova para facer vida penitente e retirada. Foi abade de Remiremont.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, de onde pasou a Granada e Madrid. Doutorouse no 1850 coa tese titulada Del empirismo. Escribiu sobre temas médicos e políticos nos xornais El Amigo del País, La Verdad e La Discusión. Publicou Manual de Medicina operatoria, fundada en la Anatomía normal y patológica, por J.F. Malgaine, trad. de la 4ª y última edición y aumentada con varios procedimientos de autores españoles (1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Auxerre (Francia), ordenou sacerdote a san Xermán e designouno como o seu sucesor. Algúns investigadores identifícano, trabucadamente, con Amador de Quercy.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de amancebarse.
-
PERSOEIRO
Fora convertido por santo Honorato e chegou a ser o primeiro Bispo desta cidade francesa. Cóntase que grazas á súa oración un lóstrego esnaquizou un ídolo, deixando cegos aos seus adoradores. É o patrón de Rodez, aínda que as súas reliquias están na igrexa de Santa Fe de Conques.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Foi Bispo desta vila belga, frade na illa de Yeu e despois en Tours e Bouges; tamén Apóstolo de Flandres, pois evanxelizou a rexión de Gante e fundou varias abadías. Era moi devoto de san Pedro. A lenda di que estando en Roma pasaba as noites na basílica vaticana; unha vez que o expulsaron dela quedou nas escaleiras, onde se lle apareceu san Pedro para ordenarlle volver á Galia. Tamén se conta del que librou de serpes a illa de Yeu facendo un burato no chan; lenda semellante á de santo Adrián en Galicia e a de san Patricio en Irlanda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe de Yeu e Bispo. Foi o evanxelizador de Bélxica e o propagador do monacato tanto na Galia como nos países nórdicos. A súa festividade celébrase o 6 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de amaneirar ou amaneirarse.
-
Afectación dunha persoa nos seus xestos ou na forma de ser.
-
Comportamento e xestos femininos que caracterizan a un home.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de amansar.
-
-
Flor imaxinaria da que se supón que non murchaba endexamais.
-
beldro.
-
Colorante sintético do grupo dos monoazoicos. Pos de cor vermella pardosa, solubles en auga. Emprégase para tinguir a la e a seda, na fotografía para a cor, e na industria alimentaria naqueles produtos nos que está autorizado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na tradición galega, ten unha lenda semellante á de santo Ero de Armenteira. Era Amaro de familia nobre, que herdara dos seus pais unha fortuna; logo de fundar con ela hospitais e asilos para pobres, emprendeu unha peregrinación para chegar ao Paraíso. Tras moitos traballos chegou co seu barco a unha illa deserta (igual que san Brandán), e alí iniciou el só a subida a un monte. No cume atopou un velliño que gardaba a porta dunha muralla de prata: no seu interior estaba o Paraíso. Como non podía entrar, por estar reservado aos mortos, o vello, apiadado, deixoulle botar unha ollada. Abraiado polo que vira, baixou onda o barco, pero en vez da praia encontrou unha gran cidade: pasaran trescentos anos. Co paso do tempo fórase formando unha grande urbe que levaba o seu nome, santo Amaro. Arrepentido pola súa soberbia, foise axeonllar diante do altar maior pedíndolle a Deus que o levase con El. Ante o asombro dos presentes, aquel home caeu morto diante do altar, onde o enterraron e comezou o culto....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cinto’.
-
PERSOEIRO
Nome co que se coñece o anónimo pintor de cerámica ateniense. Foi un dos máis importantes representantes do estilo chamado figuras negras; decorou oito pezas procedentes do obradoiro do ceramista Amasis, co que adoita ser identificado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos explosivos militares e civís constituídos por mesturas de nitrato amónico e trinitrotolueno. A mestura 50:50 pode fundirse e coarse para encher pequenas granadas; a 80:20 pode prensarse ou granularse e emprégase para bombas e granadas máis grandes.
-
-
Relativo ou pertencente ao amor.
-
Que move a amar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coeficiente introducido polo farmacéutico alsaciano León Ambard que permite establecer unha relación entre a cantidade de urea no sangue dun paciente e a eliminada polos ouriños. O seu valor diagnóstico foi moi discutido.
-
PERSOEIRO
Astrofísico soviético. Foi Presidente da Academia de Ciencias da RSS de Armenia, profesor da Universidade de Erevan, e director e fundador do observatorio de Biurakan. En 1955 formulou a inestabilidade dos sistemas de galaxias, enunciando que se atopan en estado de expansión e que os seus compoñentes afástanse dun centro común. A partir do estudo sistemático dos grupos estelares inestables encontrou as asociacións de estrelas, nacidas, segundo el, de sistemas múltiples de enerxía positiva. Publicou, entre outras obras, Teoreticheskaia astrofizika (Astrofísica teórica, 1939). Foi Presidente da Unión Astronómica Internacional (1961-1964) e premio Stalin 1950.
VER O DETALLE DO TERMO