"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

    1. Acción e efecto de esgazar.

    2. Marca que queda despois de que algo se esgaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de esmagar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • escordadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultivo do esperma recollido asepticamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de espeso.

    2. Lugar que ten gran cantidade de vexetación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revestimento interno da cavidade celómica formada por tecidos de orixe mesodérmica e endodérmica, que forma ao mesmo tempo as paredes do tubo dixestivo e os seus órganos anexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de espremer.

    2. Cantidade de zume que se obtén ao espremer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Durante a súa xuventude exerceu a docencia e escribiu guións de cine. Da súa produción destaca Como agua para chocolate (1989), da que tamén realizou o guión cinematográfico, La ley del amor (1996), Íntimas suculencias. Tratado filosófico de cocina (1998), Estrellita marinera. Una fábula de nuestro tiempo (1999), El libro de las emociones. Son de la razón sin corazón (2000) e Tan veloz como el deseo (2001). Recibiu o Premio ABBY 1994, galardón concedido por primeira vez a un escritor estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estañar.

    2. Capa de estaño que recobre un obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altura dunha persoa desde os pés ata a cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de estercar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Realizou o tabernáculo da capela do Hospital Real e traballou nos retablos da igrexa da Ensinanza baixo a dirección de Bertomeu Fernández. Con este nome documéntase tamén outro pintor compostelán que realizou en 1766 unha imaxe da virxe do Rosario para Vimianzo e, entre outras obras, tres remates para un colateral e un frontal do altar da mesma igrexa e unha imaxe de santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de estrar.

    2. Cantidade de estrume que serve para estrar a corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo realizado o 14 de febreiro de 842 entre Luís II o Xermánico e Carlos II o Calvo, vencedores en Fontenoy-en-Puisaye (841) contra o seu irmán Lotario e o seu sobriño Pipino II. O historiador J. E. Nithard conservou o texto no seu prototipo latino e nas versións producidas en romance e altoalemán, que son os testemuños máis antigos que se conservan destas dúas linguas. Luís II pronunciou a fórmula en romance e Carlos II, en alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión do SO de Portugal que se corresponde cos actuais distritos de Lisboa, Setúbal e a metade O do de Leiria. Lisboa agrupa máis da metade dos habitantes da rexión. Ten unha importante industria química, que converteu o esteiro do Tejo nun dos polígonos industriais portugueses máis destacados. Colonia dos fenicios, posteriormente ocupada polos cartaxineses, constituíu unha parte da Lusitania romana co nome de Felicitas Iulia, con capital en Olisipo. Incorporada ao reino visigodo de Toledo (569), conquistárona os musulmáns no 711. Recibiu o seu nome ao ser unha terra estremeira dos territorios sometidos aos musulmáns. Conquistada polos portugueses en 1147, dende o s XVI a súa historia identificouse totalmente coa do Reino de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disposición das partes ou dos órganos dun ente, substancia ou corpo.

    2. Conxunto de elementos resistentes dunha edificación tendo en conta a súa configuración e disposición, que se determinan pola maneira de soster e construír a cuberta e os teitos das plantas que ten. As armazóns das plantas teñen que ser planas e horizontais, mentres que a cuberta ten que facer pendente para que por ela escorregue a auga da chuvia. Nas construcións máis antigas, formadas por dúas paredes separadas uns 4 ou 5 m e por trabes de madeira que van dunha parede a outra, obtíñase a pendente colocando sobre as trabes mestras outras trabes inclinadas en que o extremo máis alto se asentaba sobre un piar de obra ou de madeira. Esta construción non era aínda unha armadura, pero permitiu descubrir que as trabes inclinadas podían unirse rixidamente entre elas e tamén coa horizontal formando un triángulo. Neste caso, a trabe horizontal xa non traballa a flexión, senón que recibe só esforzos de tracción, que permiten aumentar a lonxitude dende uns 5 m ata 10 ou 12 m. A estrutura de obra,...

      1. Sistema ordenado de regras que describen á vez os elementos que o compoñen e as súas relacións ata un determinado grao de complexidade.

      2. estructura profunda

        Nivel ou aspecto da linguaxe que, na gramática xenerativa, determina a interpretación semántica da oración, en oposición á estrutura superficial, que determina a súa forma fonética. Segundo a gramática xenerativa, o efecto final dunha gramática é relacionar unha interpretación semántica cunha representación fonética; isto é, expresar cómo se interpreta unha oración. O compoñente sintáctico da gramática, que constitúe a súa única parte “creativa”, serve de mediador nesta relación e constitúe a meta final da gramática, no sentido de que só ela permite establecer unha relación entre o contido semántico dos signos e a súa forma fonética, isto é, é a que permite determinar cómo se ha de interpretar unha frase, mediante unha serie de regras transformacionais.

      3. estructura superficial

        Nivel ou aspecto da linguaxe que, en gramática xenerativa, determina a forma fonética da oración a partir da súa estrutura profunda.

    3. Conxunto de leis, organismos e forzas sociais, políticas e económicas que caracterizan unha sociedade e manteñen a orde establecida, fronte ás forzas disidentes e opostas ao sistema. Pretende resolver os problemas e responder ás necesidades inherentes ao sistema: manter as partes que o integran e superar as súas tensións, adaptalo á súa medida, conseguir os seus fins e integrar os individuos e os seus grupos.

    4. Interrelación entre o sistema ou conxunto psíquico e os seus elementos integrantes. A consideración dos fenómenos psicolóxicos como un todo xurdiu como reacción ao atomismo vixente na psicoloxía do s XIX (que levaba ás dicotomías individuo-sociedade, psique-soma, conduta-consciencia, etc) e foi establecida a partir da chamada psicoloxía da forma (Gestaltpsychologie). Fálase, neste sentido, da estrutura da personalidade, da situación, do campo psicolóxico, etc. En psicopatoloxía, así mesmo, téndese a ver o cadro clínico -máis alá da súa comprensión como unha adición de síntomas illados- como un conxunto ou sistema de organización de diferentes trastornos (estrutura paranoica, obsesiva, etc).

    5. Configuración dun dispositivo electrónico. Fálase de homoestrutura cando o dispositivo está composto polo mesmo elemento, e de heteroestrutura cando está composto de diferentes elementos ou dos mesmos elementos con distinta composición estequiométrica.

    6. Constitución e disposición dos elementos que compoñen os órganos ou os corpos vivos, especialmente cando se fai referencia aos elementos anatómicos.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de estruturar.

    VER O DETALLE DO TERMO