"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • PERSOEIRO

    Noveno califa omeia de Damasco (720-724). Sucedeu a ‘Umar. O seu califato caracterizouse polas rivalidades entre as tribos árabes e a rebelión do gobernador do Khorāsān, Ibn al-Muhallab.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos yaziditas.

    2. Membro dunha seita islámica establecida en Kurdistán, no Cáucaso e en Irán. Dividida en castas, forman comunidades endogámicas e falan o kurdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome turco do antigo santuario hitita (s XIII a C) situado ao NL de Bo Palatino;Palatino; Palatino;ǧ azköy (Anatolia). Está constituído por dúas cámaras naturais, abertas por diante, comunicadas por galerías, decoradas con relevos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro rei sasánida de Persia (632-651), neto de Cosroes II. Acadou o trono de neno e inmediatamente se iniciou a invasión árabe. O seus exércitos foron derrotados en Nehavend (642) e foi asasinado en Merv (actual Mary, Turkmenistán).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parella de principios cósmicos ou qi do pensamento chinés antigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Henan, China, situada na rexión Centro-sur, na ribeira do Zi Shui e ao S do lago Dongting Hu (185.818 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do distrito homónimo, na illa de Xava, Indonesia (412.00 h [1996]). Centro artesanal e cultural, no s XIX foi o centro da resistencia xavanesa contra os holandeses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito especial de Indonesia (3.169 km2; 3.122.268 h [2000]). A capital é Yogyakarta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hunan, China, situada na unión do lago Dongting co río Iang-Tsé (302.800 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Zhejiang, China, situado a medio camiño entre Ningbo e Hangzhou (114.065 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Comunidad Autónoma de Andalucía, situado na serra de Alhama (2.258 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chinés. En 1932 afiliouse á Nova Liga Comunista e en 1938 ao Partido Comunista Chinés (PCCh). En 1974 foi nomeado primeiro secretario do partido e ocupou a presidencia do comité revolucionario (1975-1980). Partidario de Deng Xiaobing, en 1980 sucedeu a Hua Guofeng como primeiro ministro e en 1987 a Hu Yaobang como secretario xeral do PCCh. Foi un dos motores das reformas internas e da abertura do país cara aos estados occidentais. En 1989 foi destituído dos seus cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo andaluz. Coñecido na cultura occidental como Azarquiel, é considerado un dos científicos máis notables do mundo islámico. Inventou a azafea (instrumento de observación astronómica) a partir do astrolabio plano, descubriu o movemento propio do apoxeo solar e contribuíu ao establecemento das táboas astronómicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cenobio de adeptos a unha determinada doutrina ( ṭ arīqa). En xeral adoitaban ser construídos á beira da tumba dalgún personaxe venerado polo Islam (qubba).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baladiyya de Libia (4.000 km2; 326.500 h [estim 1988]). A súa capital é Az-Zāwiyah (89.338 [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Fundador do Partido Popular, foi vicepresidente (1909-1913) e presidente da república (1921-1925). Publicou Lexicografía antillana (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chinés. Afiliouse ao Partido Comunista Chinés en 1938 e,   instaurada a República Popular de China (1949), ocupou   diversos cargos no partido (1950-1967). Desterrado durante a Revolución Cultural, foi nomeado primeiro secretario do partido en 1974. Ocupou a presidencia do Comité Revolucionario (1975-1980) e en 1980 sucedeu a Hua Goufeng como primeiro ministro, e en 1987 a Hu Yaobang como secretario xeral. Foi un dos motores das reformas internas e da apertura de China aos estados occidentais. Foi apartado dos seus cargos despois das manifestacións de estudantes da praza de Tian’anmen de Pequín en 1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seita da Palabra Verdadeira do budismo chinés da época Tang. Promovida polo indio Vajrabodhi, foi un reflexo tardío do budismo indio na súa forma tántrica (Vajrayāna), transformado polos ideais éticos chineses. Pasou a Xapón co nome de Shingon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder bérber. Xefe da confederación de tribos magrawa, colaborou inicialmente (911?) na penetración andalusí no N de África, pero rebelouse contra a soberanía cordobesa, e foi derrotado en 998. Ofreceu os seus servizos a Almanzor e en 999 trasladouse á Península Ibérica. As súas tropas mercenarias foron as antecesoras dos membros da dinastía zírida.

    VER O DETALLE DO TERMO