"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cabanas baixo a advocación de santa Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado independente alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e duques de Saxonia, en 1573, para Federico Guillerme I (?-1602), fillo do duque Xoán Guillerme I de Saxonia-Weimer. En 1672 uniuse ao ducado de Saxonia-Gotha. En 1826 volveu ter entidade propia e en 1919 foi incorporado ao land de Turinxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña (20.446 km2; 2.523.000 h [2003]). A súa capital é Magdeburg. Creado en 1945 na República Democrática Alemá coa unión dos länder de Anhalt e Saxonia, coa reunificación alemá de 1990 formouse de novo coa agrupación de Magdeburg e Halle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio alemán formado a raíz da partición do ducado de Saxonia en 1260 para Alberte II (?-1298), fillo segundo do duque Alberte I de Saxonia, da dinastía de Ascania. En 1356 os duques de Saxonia-Wittenberg recibiron a confirmación da dignidade electoral. Á morte do derradeiro Ascania (1422) o ducado e a dignidade electoral pasaron (1423) ao margrave Federico III de Misnia, da dinastía de Wettin, que se converteu no elector Federico I de Saxonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Presidente do partido liberal (1968-1974), foi presidente da RFA (1974-1979). En 1983 viuse afectado por un escándalo político-financeiro do consorcio Flick.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico suízo. Contribuíu decisivamente ao desenvolvemento da electrónica, da teoría electrónica dos metais e semicondutores e da emisión termoelectrónica, onde descubriu o efecto que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Comezou coa compilación de baladas escocesas e cultivou a poesía romántica narrativa, da que destaca The Lady of the Lake (1810). Creador da novela histórica en época vitoriana, mesturou a atmosfera de lenda coa precisión de detalles nos feitos e nos ambientes. Destacan Waverley (1814), Rob Roy (1818), The Antiquary (1816), Ivanhoe (1819) e Quentin Durward (1823).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Galgao (Abadín). O seu cumio acada os 678 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Saa (A Pobra do Brollón). O seu cumio acada os 1.135 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Saa (A Pobra do Brollón). O seu cumio acada os 1.135 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é en valor, respecto a outro, como un e medio a un ou como tres a dous.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano situado ao L de India, ao S do Brahmaputra. É un bloque de rochas cristalinas que estruturalmente forman parte do bloque de India peninsular (Deccan). Está habitado polos pobos garo e khasi, que practican a agricultura itinerante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado en Londres, traballou con Whistler, quen lle presentou en 1883 a Degas, que foi unha grande influencia para el. Membro fundador do New English Art Club (1886), abriu unha escola de arte en Londres (1893). Foi o líder do Camden Town Group (1911) e membro destacado do London Group (1913). Principal impresionista inglés, pintou interiores (Ennui, 1913?) e sobresaíu nas súas vistas de teatro e music-hall como Bedford. Escribiu ensaios sobre arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao órgano que se dilata e contrae alternativamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer sentir medo ou desasosego a alguén.

    2. Sentir medo ou angustia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración do ánimo que pode provocar movementos reflexos inconscientes producida por unha sensación súbita de perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista. Procedente de familia de conquistadores, foi un dos primeiros escritores crioulos. Escribiu Tratado de la caballería de Jineta y Brida (1580), el Libro de albeitería e o Tratado del descubrimiento de las Indias (1578).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ou quen traballa ás ordes doutra persoa.

      2. Que ou quen está nunha categoría inferior respecto a outra persoa nunha xerarquía.

    1. Que ou quen ocupa un cargo administrativo, nun centro oficial, que non require aptitudes técnicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia da Ponte (A Veiga), no límite con Zamora. O seu cumio acada os 2.053 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO