Sickert, Walter Richard
Sickert, Walter Richard
Pintor. Formado en Londres, traballou con Whistler, quen lle presentou en 1883 a Degas, que foi unha grande influencia para el. Membro fundador do New English Art Club (1886), abriu unha escola de arte en Londres (1893). Foi o líder do Camden Town Group (1911) e membro destacado do London Group (1913). Principal impresionista inglés, pintou interiores (Ennui, 1913?) e sobresaíu nas súas vistas de teatro e music-hall como Bedford. Escribiu ensaios sobre arte.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Múnic -
Deceso
Lugar : Bath, Somerset