"dis" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 645.

  • Disco óptico que se emprega para gravar imaxes e reproducilas nunha pantalla mediante a axuda dun aparato de lectura. A lectura pódese facer empregando un dispositivo piezoeléctrico ou ben opticamente cun láser e un sensor fotoeléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produtora cinematográfica estadounidense fundada en California por Walt Disney no ano 1923 co nome de Walt Disney Produtions. Dedicada á creación e produción de filmes dirixidos ao público infantil, posúe varios parques temáticos e xestiona os estudios cinematográficos Miramax e a cadea de televisión ABC News.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao yiddish.

    2. Lingua dos xudeus asquenasitas. De base altoalemá, interveñen nel factores eslavos, fráncicos e románicos, pero mediatizados polo hebreo, que, entre outros trazos, proporcionoulle o alefato. OBS: Tamén se denomina xudeoalemán.

    3. Literatura cultivada en yiddish. Divídese en dous períodos, desde o s XV ao XVIII, e desde o XVIII ao XX. Iniciada ao redor do s XV, nútrese de elementos relixiosos e tradicionais xudaicos. Na segunda época estendeuse a todos os campos e tivo a súa idade de ouro na segunda metade do s XIX, con autores como M. Mokher Sefarim, Š. Aleïkhem, I. Leib Peretz e Š. Asch. Na poesía destacaron J. Solomon Bloomgarden e M. Rosenfeld.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre de gregos fanariotas emparentada coa dinastía imperial dos Comnenos de Trebisonda despois da conquista latina de Constantinopla (1204). Destacaron Alexandros Ypsilantis (Constantinopla 1726-1805), gospodar de Valaquia (1774-1782 e 1796-1797) e de Moldavia (1786-1788); Alexandros Ypsilantis ( Kiev 1792 -Viena 1828) que dirixiu en 1820 o grupo Heteria, sociedade política xurdida con vista á liberación nacional grega, e ocupou Ia Palatino; Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ i e Bucarest, coa intención de facer sublevar aos cristiáns romaneses; e Dimitros Ypsilantis (Kiev 1793-Nauplia 1832) quen en 1822 foi elixido presidente da primeira asemblea lexislativa da Grecia libre e en 1832 formou parte do goberno provisional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor siríaco nestoriano. Bispo de Nísibis e metropolitano de Armenia (1290?). É autor dun tratado teolóxico, dun catálogo de escritores en lingua siríaca e dun Nomocanon de relevancia para a historia eclesiástica.

    VER O DETALLE DO TERMO